Curso 2025-2026

XOGANDO EN 3º

Seguimos reforzando a aprendizaxe dos instrumentos, sobre todo os clásicos, que son cos que máis se confunden, concretamente os que pertencen á mesma familia.

NOTAS DE REPASO 1º


AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 4º



Para que podades ensaiar, déixovos os audios das pezas que ides tocar e das canción que ides cantar.

AUDIOS PARA ENSAIOS CONCERTOS 5º

Aquí tedes os audios instrumentais das actuacións para os que cantades ou tocades.

Se vos sabedes a letra, practicade con algo que faga de micrófono e centrádevos en afinar e en interpretar o significado da letra.

KARAOKE, BATERÍA E BAILE PARA ACTUACIÓN_ 3º, 4º, 5º

 Practica a túa canción:


Enemy


Kirby rap



Supercalifragilisticoespialidoso



Cumpleaños feliz


Quédate


Acróstico


TQG


Sesión 53


Yellow



La original


Columbia


Terra



Goosebumps


Como Camarón



Believer


Cupido



El álbum de figuritas





REPASO EN 1º

Esta semana os grupos de 1º afianzan contidos importantes como son as calidades do son e os signos musicais. 

Comproban individualmente se os saben e coordínanse para levar a cabo unha actividade en parellas. 

Traballando ordenadamente e discurrindo entre ambos membros da parella, obteñen os resultados esperados.

Así se fai!.












































TRIMESTRES 6º

O BLUES

O blues é un estilo musical que naceu nos Estados Unidos de América durante o século XIX, coas cancións que a xente escrava procedente do oeste de África interpretaba para facer máis amenas as duras xornadas de traballo no campo.

Historia do blues. As súas orixes



Canto de traballo




Practica: 


A RADIO

A radio é un medio de comunicación que naceu a finais do século XIX, pero que empezou a funcionar de maneira regular na década de 1920. 

Coa chegada de internet, algunhas emisoras pasaron a emitir pola rede e moitas ofrecen servizos de radio "á carta" que permiten seleccionar os contidos e descargalos en arquivos chamados podcasts.

Nos programas de radio empréganse diferentes recursos sonoros: 

. Sintonía: é a música que identifica un programa e que soa ao comezo e ao final deste.

. Cortina: é música de curta duración que separa as diferentes seccións dentro dun mesmo programa.

. Indicativo ou golpe de efecto: son efectos sonoros que chaman a atención do oínte e reforzan ou intensifican o momento de falar.

ESCOITA A RADIO AQUÍ

E AQUÍ.


A NOTA MI´

A nota mi agudo (mi´) colócase no cuarto espazo do pentagrama.




COMPÁS 6/8

O compás de 6/8 consta de 6 corcheas repartidas en dous tempos musicais. Polo tanto, cada tempo ten tres corcheas. Así, o 6/8 é un compás binario (porque ten dous tempos) e de subdvisión ternaria (porque cada tempo se subdivide en tres partes). 

A figura de tempo é a negra con punto e a figura de compás a branca con punto.

O primeiro tempo do compás é forte e o segundo débil. Márcase o primeiro abaixo e o segundo arriba.

Ritmo en 6/8



Escritura 6/8


Frase melódica en 6/8


Como ves, o primeiro tempo do primeiro compás ocúpano as tres corcheas mi fa sol e o segundo tempo outras tres, fa mi re. No segundo compás emprégase, en cambio, unha negra con punto (que equivale a tres corcheas) para rechear o segundo tempo.

Escoita como sona unha melodía en compás de 6/8:




 LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)

1


2

3

4

5

6

7

8

LOS PICAPIEDRA 



Primeira parte

SOL DO DO´ LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE MI

SOL DO DO´LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE DO

Segunda parte

SI MI DO´SI SI LA LA SI LA

LA RE SI LA LA SOL SOL LA SOL 

Parte final

SOL DO DO´LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE

MI FA SOL DO RE

MI FA SOL DO´RE´DO



CREACIÓN DE RITMOS



A MÚSICA ELECTRÓNICA

música electrónica xurdiu a finais do século XIX en Europa. Durante o século XX estendeuse á música popular, e deu lugar a estilos como o house, o dance, o tecno ou o trance.
é un tipo de música creada por medio do uso de diferentes instrumentos electrónicos que inclúen os sintetizadoresempregadores ou ordenadores. Unha música relacionada coa innovación tecnolóxica.

          Caracterízase principalmente por:
  • Producir sons utilizando aparellos electrónicos como o  sintetizador, o sampler ou ordenadores.
  • Utilizar instrumentos musicais electrónicos e tecnoloxía.
  • Permitir incluir modificacións de voz e ritmos de fondo.
Os instrumentos electrófonos utilizan a electricidade para emitir ou modificar o son. Poden ser de dous tipos: 
- Os que producen o son de maneira convencional pero que o amplifican grazas á enerxía eléctrica, como a guitarra eléctrica ou o baixo eléctrico.



- Os que xeran o son grazas á electricidade, como o sintetizador, un instrumento capaz de crear novos timbres, modificar o timbre dos instrumentos coñecidos e incluso mesturalos.

Dentro dos instrumentos electrónicos podemos mencionar os seguintes:

  • O teclado (tamén chamado órgano eléctrico)
  • Guitarra eléctrica
  • Baixo eléctrico
  • Batería eléctrica
    E máquinas como:
  • Tornamesa (utilizada por los DJ’s)
  • Caixa de ritmos
  • Ordenador 

Outros instrumentos adaptáronse para funcionar como un instrumento eléctrico, como o saxofón eléctrico e a trompeta eléctrica.



COMENTARIO DE PARTITURA

Para comentar unha partitura imos redactando cada paso dos que se indican a continuación, describindo coas nosas palabras o que sabemos dos diferentes elementos que aparecen.

Tipo de compás: Esta partitura/este fragmento musical, esta melodía... está nun compás de 2/4, 3/4, 4/4, 6/8...

Número de compases (contando as repeticións): Ten tantos compases.

Figuras: a figura de menor duración é... e a de maior duración é...

Notas: a nota máis grave é .... e a máis aguda é....

Tempo: Débese interpretar allegro, andante, moderato...

Intensidade: a música comeza piano e no cuarto compás cambia a forte. Finalmente, volve a sonar piano ata o final.

Podes practicar comentando os seguintes fragmentos musicais:

1

2








A ORQUESTRA. PERCUSIÓN

A sección de percusión na orquestra é variable e depende de cada obra.

Algúns dos instrumentos máis frecuentes son: CAIXA, TIMBAIS, TRIÁNGULO, MARIMBA, PRATO, BOMBO, CAMPÁS TUBULARES, GONG.


SIGNOS DE REPETICIÓN

Ademais dos signos que xa coñeces, existen outras formas de indicar repeticións da música nas partituras:

• Da Capo («desde a cabeza» en italiano) indica que a música se repite desde o principio.

• Da Capo al Fine («desde a cabeza ata a fin» en italiano) utilízase para repetir a música desde o principio ata onde se encontra a palabra Fine.


AS ALTERACIÓNS


As alteracións son signos que modifican a altura da nota que as leva (fana soar máis aguda ou máis grave) ou déixana como estaba. Aumentan ou diminúen 1 semitón.

- Díese/Sostenido (#). Altera un semitón ascendente a altura da nota que a leva.

- Bemol (♭) . Altera un semitón descendente a altura da nota que o leva.

- Becadro (♮) . Anula o efecto da díese e do bemol. É dicir, se unha nota ten díese ou bemol, e despois aparece con becadro, a nota é natural; ou sexa, como se non levase nada. Unha nota con becadro é igual a unha nota non alterada.

No piano as teclas brancas pertencen a notas naturais e entre elas hay un ton. As teclas negras pertenen a notas alteradas; dunha negra a unha branca hai un semitón. Entre o conxunto de notas das teclas brancas e as das teclas negras obtemos moita máis variedade de sons.

As alteracións poden ser:

- Propias: Cando están na armadura da partitura (entre a clave e o indicador do compás). IMPORTANTE: Estas alteracións afectan ás notas que as levan ao longo de toda a peza. - Accidentais: Cando están colocadas nas notas de maneira individual. Afectan a esa nota ao longo de todo o compás. - De precaución: Van entre parénteses para lembrar que a nova situación da nota.

Como podes ver, no 3º compás hai un fa# e no 4º a alteración de precaución lémbranos que o fa xa non está alterado.

Aquí vemos que na armadura hai un si bemol e no 3º compás un bemol que nos indica que ese si segue sendo bemol.

A díese e o bemol tamén se poden indicar ao comezo do pentagrama; nese caso afecta a todas as notas do mesmo nome que haxa na partitura.