Curso 2025-2026

AS ALTERACIÓNS - 5º

 AS ALTERACIÓNS


Cando facemos unha escala, esta pode estar formada por tons e semitóns (medios tons). Por exemplo, a escala de Do maior, consta dunha combinación de cinco tons e dous semitóns. Os semitóns atópanse entre o MI e o FA e entre o SI e o DO.


Comproba a diferenza de entonación entre un ton e un semitón con sostenido:


As palabra "alterar" significa cambiar as características, a esencia ou a forma das cousas. En Música, as alteracións son signos musicais que alteran a afinación dunha nota e, polo tanto, modifican o seu son natural. As principais alteracións son:


As alteracións sempre se colocan á esquerda da figura ou da nota que se quere alterar.


                                             
Cada alteración ten unha función. A díese ou sostenido altera o son un semitón  ascendente. O bemol altera o son un semitón descendente. O becadro anula o efecto do sostenido e do bemol.


As alteracións afectan a todas as notas do mesmo nome dentro do mesmo compás. Así, cando apareza unha alteración nunha nota, se hai outra do mesmo nome despois, non é necesario colocar a alteración dúas veces.


No piano as teclas brancas son notas naturais e as negras alteradas.


Un bemol fai o oposto ao sostenido. Se co sostenido alteramos o son un semitón ascendente facendo a nota máis aguda, co bemol alteramos o son un semitón descendente e a nota se fai máis grave.


En resumo:


🎼

AS ALTERACIÓNS _ 6º

 AS ALTERACIÓNS


As alteracións son signos que modifican a altura da nota que as leva (fana soar máis aguda ou máis grave) ou déixana como estaba. Aumentan ou diminúen 1 semitón.

- Díese/Sostenido (#). Altera un semitón ascendente a altura da nota que a leva.

- Bemol (♭) . Altera un semitón descendente a altura da nota que o leva.

- Becadro (♮) . Anula o efecto da díese e do bemol. É dicir, se unha nota ten díese ou bemol, e despois aparece con becadro, a nota é natural; ou sexa, como se non levase nada. Unha nota con becadro é igual a unha nota non alterada.

No piano as teclas brancas pertencen a notas naturais e entre elas hay un ton. As teclas negras pertenen a notas alteradas; dunha negra a unha branca hai un semitón. Entre o conxunto de notas das teclas brancas e as das teclas negras obtemos moita máis variedade de sons.

As alteracións poden ser:

- Propias: Cando están na armadura da partitura (entre a clave e o indicador do compás). IMPORTANTE: Estas alteracións afectan ás notas que as levan ao longo de toda a peza. - Accidentais: Cando están colocadas nas notas de maneira individual. Afectan a esa nota ao longo de todo o compás. - De precaución: Van entre parénteses para lembrar que a nova situación da nota.

Como podes ver, no 3º compás hai un fa# e no 4º a alteración de precaución lémbranos que o fa xa non está alterado.

Aquí vemos que na armadura hai un si bemol e no 3º compás un bemol que nos indica que ese si segue sendo bemol.

A díese e o bemol tamén se poden indicar ao comezo do pentagrama; nese caso afecta a todas as notas do mesmo nome que haxa na partitura.


🎶🎶🎶