AS ALTERACIÓNS
Cando facemos unha escala, esta pode estar formada por tons e semitóns (medios tons). Por exemplo, a escala de Do maior, consta dunha combinación de cinco tons e dous semitóns. Os semitóns atópanse entre o MI e o FA e entre o SI e o DO.
As palabra "alterar" significa cambiar as características, a esencia ou a forma das cousas. En Música, as alteracións son signos musicais que alteran a afinación dunha nota e, polo tanto, modifican o seu son natural. As principais alteracións son:

As alteracións sempre se colocan á esquerda da figura ou da nota que se quere alterar.

Cada alteración ten unha función. A díese ou sostenido altera o son un semitón ascendente. O bemol altera o son un semitón descendente. O becadro anula o efecto do sostenido e do bemol.

As alteracións afectan a todas as notas do mesmo nome dentro do mesmo compás. Así, cando apareza unha alteración nunha nota, se hai outra do mesmo nome despois, non é necesario colocar a alteración dúas veces.
En resumo:

🎼
Todas os tipos de alteracións se poñen a esquerda???? ✨
ResponderEliminarÁ esquerda da nota sempre, si.
Eliminar