O PUNTO (repaso)
O punto é un signo musical de prolongación que se sitúa á dereita dunha figura ou dun silencio para aumentar a súa duración a metade do valor da figura ou do silencio que o leva.
A LIGADURA DE UNIÓN
A ligadura de unión é un signo musical de prolongación que, ao situarse en notas co mesmo son, prolonga a duración desas notas sumando os seus valores. Lemos a primeira nota e alongámola todo o tempo que dura a ligadura de unión.
Lectura 1
O CALDEIRÓN
O caldeirón é un signo musical de prolongación que, ao situarse sobre unha figura ou silencio, suspende temporalmente o pulso da música e prolonga a duración desa figura ou silencio tanto como se desexe.