SIGNOS DE PROLONGACIÓN_5º

O PUNTO (repaso)

punto é un signo musical de prolongación que se sitúa á dereita dunha figura ou dun silencio para aumentar a súa duración a metade do valor da figura ou do silencio que o leva. 


 A LIGADURA DE UNIÓN

ligadura de unión é un signo musical de prolongación que, ao situarse en notas co mesmo son, prolonga a duración desas notas sumando os seus valores. Lemos a primeira nota e alongámola todo o tempo que dura a ligadura de unión.

Lectura 1


Lectura 2


Lectura 3

Lectura con corchea e silencio de corchea


O CALDEIRÓN

caldeirón é un signo musical de prolongación que, ao situarse sobre unha figura ou silencio, suspende temporalmente o pulso da música e prolonga a duración desa figura ou silencio tanto como se desexe. 



A NOTA RE AGUDA (re´). Repaso.

A nota re´ atópase na cuarta liña do pentagrama. Obsérvaa e practica o re´con punto nas seguintes lecturas:


Lectura con re´con punto, ligadura de unión e caldeirón

 


Comentarios

  1. Pareceme moi extraño que a duración do caldeirón pódase alargar todo o que uno queira. Podes estar toda a canción así!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Podes pero costariache monito e a canción seria sempre o mesmo.

      Eliminar
  2. Gústame este tema dos signos de prolongación, o que máis me gusta é o caldeirón.

    ResponderEliminar
  3. Este tema parecerme moi fácil, sobre todo o puntillo, que o levamos dando anos.

    ResponderEliminar
  4. Os signos de prolongación son alucinantes! O que mais me gusta e o calderon xa que podes alargar anota tanto como queiras sen que nadie te diga cando parar

    ResponderEliminar
  5. Eu penso que este tema é moi interesante, e tamén temos o punto (de repaso), paréceme moi curioso o simple feito de que co caldeirón poidas alargar a nota tanto tempo como queiras.

    ResponderEliminar
  6. Asómbrame o simple feito de que os músicos poidan tocar ao ritmo, e ademais tocar (se hai), con ligaduras de unión.

    ResponderEliminar
  7. Gustanme moito os exemplos con lecturas porque podo practicar máis fácilmente as cousas que damos.📄🤍🖤🎼

    ResponderEliminar

Publicar un comentario