DÍA DA MULLER

María de Pablos, a primeira muller con batuta en España.

"Ser artista e muller naquela época resultaban cousas difíciles de compaxinar". 
María de Pablos naceu en Segovia en 1904. Foi a primera en subirse a un podio con batuta como directora á fronte da orquestra Unión Radio, aínda que o seu principal interese sempre foi a composición de obras musicais.
María de Pablos amosou as súas dotes artísticas desde moi nova. Pero, por precaución, o seu pai que era funcionario de Correos, aconselloulle que traballara no mesmo ca el por se non tiña sorte na música, xa que esta foi a primeira empresa pública que deu posibilidade de traballo ás mulleres.
Conseguiu unha beca de compositora na Academia de Belas Artes de Roma, onde viaxou coa súa nai e de aí a París para estudar na École Normal de Musique. En ambas capitais europeas estudou e compuxo, ata que, regresou a España, a Madrid, onde tivo que ser ingresada e pouco a pouco foise esquecendo. Entre 1920 e 1930 compuxo obras como CastillaAve Verum, sonata Romántica, a ópera La infanta desdénApunte musicales  e outras cancións . Faleceu no ano 1990.
As mulleres no jazz
O Jazz é un xénero musical que ten a súa orixe dentro dunha comunidade discriminada. A pesares do racismo, este xénero logrou ter gran éxito e houbo mulleres do Jazz que contribuiron a isto.


As calidades vocais e interpretativas neste xénero son impresionantes causando novidade na época e as mulleres do jazz marcaron o mundo da música cunha pegada moi positiva. Son mulleres que naceron dentro dunha familia pobre pero a discriminación da época non puido frear o seu talento. Falamos de Ella Fizgerald, Nina Simone e Billie Holiday.
Ella Fizgerald
Medrou nun orfanato e no seo dunha familia tradicional pero non se rendiu antes as dificultades e valeuse da súa voz coa que pode facer tanto graves como agudos. Logrou converterse na “primeira dama da canción’
O seu primeiro triunfo foi nun concurso de talentos para afeccionados. Ese día tivo moito medo a bailar e entón decidiu cantar para o público. Foi a primeira en gañar un Grammy en 1958.

Nina Simone
Din que co seu canto hipnotizaba a quen a escoitaba. Aprendeu a tocar o piano aos tres anos e pasou toda a súa infancia namorada da música.


Billie Holiday
Cando iniciou a súa carreira musical sufriu de racismo. Grabou cerca de 200 cancións e logrou cantar xunto ao seu ídolo Louis Armstrong. O seu tema “Strange Fruit” foi considerado a mellor canción do século XX pola revista “Time” no 1999.


Elas foron grandes expoñentes da música e axudaron a que o jazz se popularizara, a súa voz e calidade de interpretación seguen cruzando barreiras territoriais e encantando a múltiples xeracións pero, ademais da súa aportación á música, as mulleres do jazz romperon múltiples barreiras de desigualdade.

Comentarios

  1. Encantoume que puxeras moitas mulleres que axudaron na música.Non tiña nin idea da que as mulleres foran discriminadas por racismo soamente por tocar jazz, nin que o jazz tamén fóra discriminado.

    ResponderEliminar
  2. ¿Tan machistas eran que as mulleres non podían ser directoras?

    ResponderEliminar
  3. Pobres das mulleres que o sufriron 😭

    ResponderEliminar

Publicar un comentario