Tocamos:
LOS PICAPIEDRA
Primeira parte
SOL DO DO´ LA SOL DO
SOL FA MI MI FA SOL DO RE MI
SOL DO DO´LA SOL DO
SOL FA MI MI FA SOL DO RE DO
Segunda parte
SI MI DO´SI SI LA LA SI LA
LA RE SI LA LA SOL SOL LA SOL
Parte final
SOL DO DO´LA SOL DO
SOL FA MI MI FA SOL DO RE
MI FA SOL DO RE
MI FA SOL DO´RE´DO
A frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira. Antiguamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal. Os son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar unha cana de madeira.
A trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metal. Están feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.




Antigamente, as bandas de música asumían a tarefa de impartir ensinanzas musicais entre a población a través das súas escuelas de música, encamiñadas a formar os seus futuros compoñentes, chegando a ser a maior canteira de instrumentistas de vento e percusión que se deu nas escolas e conservatorios no noso país.
A comezos do século XIX, as bandas estaban compostas dunha sección de instrumentos de vento (óboes, frautas, clarinetes, trompetas, cornetas, trombóns e serpentóns); e outra de percusión (caixas, tambores, bombos e pratos).
Co paso do tempo desapareceron algúns, perfecionaronáronse outros e incorporáronse novos. A mediados do século XIX, engadíronse a aquelas as familias dos saxofóns e saxhorns; fliscorno, bombardino e baixo, debidas ao construtor belga Adolfo Sax. Os instrumentos de corda fretada, violonchelo e contrabaixo, foron adoptados cara mediados do século XX co fin de dar fluidez ás sonoridades do rexistro grave da banda. Os de percusión, tanto determinada como indeterminada, de orixe oriental e afrocaribeño, fóronse incorporando, recentemente de maneira significativa, co fin de satisfacer a demanda das composicións musicais contemporáneas.
Existían bandas militares co fin de amenizar os momentos festivos e lúdicos da tropa e, co tempo, tamén para os momentos festivos dos habitantes da súa localidade.
Pero non todas as poboacións contaban cun reximento que tivera banda de música da que se puidera dispoñer para amenizar as súas festas e momentos de ocio. Esta circunstancia animou a algúns veciños aficionados á música de certos lugares, a constituirense en agrupacións musicais semellantes ás bandas de música militar en canto á estructura instrumental e incluso adoptando un tipo de vestimenta inspirada nos uniformes militares. Unha vez constituidas son apoiadas polos concellos. Así é como viron a luz a maior parte das bandas municipais.
As primeiras bandas de música dadas de alta no rexistro civil datan da última década do século XIX e primeiras décadas do século XX.
Comentarios
Publicar un comentario