2º TRIM 20-21 2º

A nota fa
A nota que se atopa no 1º espazo do pentagrama  chámase fa
Fíxate que o seu lugar é entre a nota mi e a nota sol.
Vai dicindo en voz alta o nome de cada nota:
Mi, fa, sol, la negras
Mi, fa, sol, la negras e brancas

Mi, fa, sol, la negras, brancas e silencios

Mi, fa, sol, la negras, brancas, silencios e corcheas

Lectura rítmica con palmas

Os instrumentos de corda



Por que o piano é un instrumento de corda percutida?. Onde están as cordas?. Fíxate para velas.

Adagioandante e allegro
A maioría do vocabulario que se emprega na música vén do italiano. Para referirnos á velocidade á que cantamos, tocamos ou bailamos existen as seguintes palabras: 
Cando a música sona adagio faino de maneira lenta.
Cando a música sona andante faino normal, nin lento nin axiña.
Cando a música sona allegro ten unha velocidade rápida.
Escoita:

Na cova do rei da montaña :

Fortepianofortissimo e pianissimo
Cando tocamos ou cantamos con moita intensidade facémolo forte e cando o facemos con pouca intensidade facémolo piano. A música que sona moi forte faino fortissimo e a música que sona moi suave faino pianissimoEscoita:

As voces femininas, masculinas e infantís
A voz dunha muller é unha voz feminina e a voz dun home é unha voz masculina. Sonan diferente, normalmente a feminina aguda (^) e a masculina grave (v). Pero a voz dun neno e dunha nena é semellante ata que non son máis maiores. Así que, tanto a voz dunha nena como a voz dun neno é unha voz infantil. Que tipo de voz son as seguintes voces faladas?. Di "feminina", "masculina" ou "infantil" segundo a voz que escoites.

A vibración da voz
Sabías que podemos falar porque as nosas cordas vocais vibran?. Este movemento que fan as cordas vocais chamáse vibración e permítenos falar e cantar!. Escoita e aprende a seguinte canción: "Vibran con él, vibran con él, la la la la la...".

compás de 3 tempos
O compás de tres tempos é igual que o de dous tempos pero cun tempo máis. Así de fácil: 
Dependendo de se un compás é de dous tempos ou de tres tempos, indicarémolo cun 2 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo ou cun 3 e debaixo unha negra coa plica cara abaixo. Ves?.
Cada compás de 2 tempos musicais ten dous pulsos da música. Os pulsos marcámolos con ralliñas verticais cada vez que hai un tempo:
E logo só temos que contar 3 pulsos e poñemos liña divisoria, outros tres pulsos e outra liña divisoria... e rematas con dobre barra final
As liñas divisorias son signos musicais que se empregan para separar os compases (as caixiñas rectangulares nas que escribimos as figuras ou as notas). A dobre barra final é un signo musical que aparece ao final dunha obra musical e que indica que esa obra rematou.

El Danubio azul (Johann Strauss)
Danubio azul é un valsun tipo de baile moi elegante para bailar en festas. O Danubio azul é un dos valses máis coñecidos do compositor Johann Strauss. Escoita: 1, 2, 3; 1, 2, 3...

Instrumentos de vento


Lectura rítmica con palmas

😊

Comentarios