A nota do aguda (do´)
A nota do´atópase no terceiro espazo do pentagrama. Fíxate e memorízaa!.
Atenta-o. Fíxate que están en cor negra as notas fa, sol, la e si que xa debes saber. A nota do´aparece en cor vermella. Di do cada vez que a vexas, e o nome das outras notas sen a axuda das cores. Fíxate nos signos de repetición. Concéntrate, vai amodo e, adiante!.
Ritmo de negras:
Negras, brancas, silencio de negra, silencio de branca e parella de corcheas. Lembra repetir os compases que se indican:
A redonda
Tanto a redonda como o silencio de redonda duran 4 tempos. Polo tanto, unha redonda completa ela soa un compás de catro por catro. Tamén un silencio de redonda o completa sen necesitar de ningún outro silencio ou figura. Entón a redonda é a figura que coñecemos de máis valor, despois a branca e logo a negra. Aínda estaría a corchea que vale menos que a redonda pero non fai ningún tempo completo por ela soa. Xa sabes que precisa doutra corchea ou dun silencio de corchea para completalo. Así que, as figuras que representan tempos completos son:
A ÓPERA
A ópera é unha obra teatral interpretada por cantantes e unha orquestra.
PAPAGENO E PAPAGENA (MOZART)
Papageno e Papagena é un dúo dentro da obra "La flauta mágica" de Mozart.
Papageno é un paxareiro que camina polo bosque en busca de sons de novos paxaros. Leva unha vestimenta feita de plumas, unha gaiola baleira atada a un cinto, e unha frauta de pan que, ao tocala, produce o son das notas sol, la si, do´e re´. Co son destas notas os paxaros ás veces calan e ás veces cantan máis e máis forte.
Papagena é tamén paxareira e, entre os dous, estan a aprender o canto de todos os paxaros do bosque. Finalmente, Papagena e Papageno casaron.
Tipos de voces
Lembra que as voces dos cantantes clasifícanse segundo o conxunto de notas que poden cantar.
As voces das mulleres e dos homes son diferentes por natureza. En xeral, a voz dunha muller é máis aguda que a voz dun home, aínda que tamén hai mulleres con voz grave e homes con voz aguda.
A voz feminina é voz de soprano se canta un conxunto de notas agudas.
A voz feminina é voz de contralto se canta un conxunto de notas graves.
A voz masculina é voz de tenor se canta un conxunto de notas agudas.
A voz masculina é voz de baixo se canta un conxunto de notas graves.
Así que, de máis aguda a máis grave, os principias tipos de voz humana no canto son:
SOPRANO
CONTRALTO
TENOR
BAIXO
Pero hai máis!. Darémolas máis adiante.
Os instrumentos de vento-madeira e de vento-metal
A frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira. Antiguamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal. Os son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar unha cana de madeira.
A trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metal. Están feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.
Lectura rítmica
Indicadores de intensidade
En música a intensidade do son indícase con palabras italianas que nas partituras aparecen abreviadas. Dependendo de se o compositor ou compositora quere que toquemos ou cantemos máis ou menos forte, aparecerán as seguintes abreviaturas e así deberemos interpretar.
A nota mi
A nota mi atópase na 1ª liña do pentagrama. Obsérva a súa colocación e memorízaa!.
Mi, fa, sol, la si redondas
Mi, fa, sol, la, si negras
Mi, fa, sol, la, si brancas, negras e silencios
Mi, fa, sol, la, si redondas, brancas, negras, silencios e parellas de corcheas
😄
Ningún comentario: