TIPOS DE MELODÍAS _ 4º

 TIPOS DE MELODÍAS


Cando cantamos, tocamos ou bailamos estamos interpretando unha música que se elabora a partires de diferentes combinacións de notas. Dependendo  da dirección das notas temos diferentes tipos de melodías: 

. A melodía ascendenteremata cara arriba, vai de grave a agudo, como se subísemos pola loma dunha montaña ata o cumio.  

. A melodía descendente remata cara abaixo, vai de agudo a grave, como se baixásemos pola loma da montaña ata o seu pé. 

. A melodía liñal non vai nin cara arriba nin cara abaixo, mantense máis ou menos na dirección dunha liña recta. 

. A melodía ondulada vai pouco a pouco subindo e baixando de grave a agudo e de agudo a grave, como facendo ondas. 

. A melodía quebrada vai de moi grave a, de súpeto, moi agudo e de moi agudo a, de súpeto, moi grave, como facendo amplos picos.

Compréndeo mellor escoitando os tipos de melodías:


Escoita La mañanadel compositor Edvard Grieg e fíxate na forma da melodía:


Practica:

Observa as seguintes pequenas melodías escritas.
A número 1 é ascendente ou descendente?. E a número 2?.




A resposta correcta é: A melodía 1 é ascendente porque remata cara arriba. 
A melodía 2 é descendente porque remata cara abaixo.

E a seguinte? Que tipo de melodía é?


Reposta correcta: Descendente

Fíxate agora: 
Melodía liñal
Melodía ondulada

Crea a túa propia liña melódica aquí.

Escolle abaixo á esquerda o instrumento que queres que sone, na barra de "tempo" a velocidade á que queres que sone e vai facendo clic nos cadrados dependendo do tipo de liña melódica que queres conseguir. Fai a melodía longa desde a esquerda ata a dereita de todo. Finalmente, dálle a "play" e escoita a túa creación. 
Lembra rematar cara arriba nunha melodía ascendente, cara abaixo nunha melodía descendente e que sexa unha combinación de ambas nunha melodía ondulada. A maiores, podes practicar a melodía liñal con sons cerca uns dos outros e a melodía quebrada con sons separados uns dos outros, graves e  agudos.

🎼

Comentarios