f AS FUNCIÓNS DA MÚSICA _ 6º - Música Vitamínica

Imaxes de tema de kelvinjay. Con tecnoloxía de Blogger.
» » » » AS FUNCIÓNS DA MÚSICA _ 6º

AS FUNCIÓNS DA MÚSICA

A MÚSICA INFLÚE NO NOSO ESTADO DE ÁNIMO E NAS NOSAS EMOCIÓNS. PODE AXUDAR A RELAXARNOS E A CONCENTRARNOS, PERO TAMÉN PODE INFUNDIRNOS VALOR E ENERXÍA.

ADEMAIS, A MÚSICA REFORZA O SENTIMENTO DE PERTENZA A UN GRUPO. A MÚSICA ÚNENOS!.

A música inflúe no noso estado de ánimo e pode cumprir diversas funcións:

• Relaxar: como os arrolos ou a música de meditación, que adoitan ter un tempo lento, unha intensidade suave e unha melodía repetitiva.

• Estimular: como a música de baile ou para festexar acontecementos, que normalmente teñen melodías animadas que transmiten optimismo.

• Fomentar a pertenza a un grupo: como os himnos nacionais, universitarios ou deportivos, que adoitan ter un tempo medio e un carácter emotivo, con letras que reforzan a unión e o sentimento de compartir un obxectivo común.

• Comunicar e persuadir: como os jingles, que nos intentan convencer das virtudes dun produto, teñen ritmos e melodías apegadizos, e letras rimadas fáciles de lembrar.



🎶🎶🎶

Ningún comentario:

Leave a Reply