O ACENTO
Practica cun familiar. Ensínalle contar os tempos e a facer os acentos nas partes fortes. Lembra chocar en diagonal con cada acento e alternar as mans no peito nas partes suaves.
ANTONIO VIVALDI
Antonio Lucio Vivaldi, (Venecia, 4 de marzo de 1678-Viena, 28 de xulio de 1741). Era apodado Il prete rosso («El cura rojo») por ser sacerdote e roxo de pelo. Foi compositor e violinista. Aprendeu a tocar o violín co seu pai e, máis tarde, foi mestre deste instrumento nun orfanato. Para as nenas deste centro foron creadas moitas das súas obras, as cales podían ser interpretadas pola orquestra do orfanato inmediatamente logo de compoñelas.
Trátase dunha das figuras máis relevantes da historia da música. A súa mestría refléxase en cimentar o xénero do concerto, o máis importante da súa época. Compuxo unhas 770 obras, entre as cales se contan máis de 400 concertos e cerca de 46 óperas. Grazas a el, a orquestra e o coro desde lugar acadaron fama internacional. As catro estacións é unha das súas obras máis coñecidas. Son catro concertos para violín e orquestra. Unha obra descritiva que evoca as estacións do ano.
A PRIMAVERA O VERÁN
PARA PRACTICAR
NOVEMBRO
RECURSOS COMPOSITIVOS
Á hora de crear unha obra musical, estes son os principais recursos compositivos:
• Repetición: consiste en reproducir unha parte da música exactamente igual.
• Variación: supón introducir algúns cambios no ritmo ou na melodía, pero de xeito que a música orixinal se siga recoñecendo facilmente.
• Contraste: trátase de compoñer unha parte completamente diferente que se distinga da anterior.
Mira o seguinte vídeo agás a última parte na que explica a sonata, que non fai falta.
A SÍNCOPE
Un síncope (una síncopa en castelán) é a prolongación dun son que comeza nun tempo ou parte débil deica un tempo ou parte forte, rompendo coa sensación de ritmo estable:
Síncope por punto: Formada por unha nota con punto.
Síncope por ligadura: Formada por dúas notas ligadas.
Síncope por valor: Formada por unha soa figura.
Síncope regular: Formada por dúas figuras da mesma duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por dúas negras ligadas é regular. Tamén un síncope formado por unha branca é regular porque se pode dividir en dúas figuras da mesma duración (dúas negras).
Síncope irregular: Une dúas notas de diferente duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por unha negra e unha branca ligadas é irregular. Tamén un síncope formado por unha negra con punto é irregular porque se pode dividir en dúas figuras diferente duración (unha negra e unha corchea).
Ningún comentario: