A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
0 db.
É o umbral de audición, silencio.
De 0 a 10 dB (5 decibelios).
Niveis de ruido moi baixos, ruidos case imperceptibles e tenues. A respiración sosegada, unha cova illada e sen ruido.
De 10 a 20 dB (15 decibelios)
Son niveis de ruido moi baixos. Susurros, pisadas.
De 20 a 30 dB (25 decibelios).
O nivel de ruido é baixo. O ruido existente nunha biblioteca ou calquera recinto con xente en silencio, cuartos baleiros e illados do exterior, as follas con vento pouco intenso no campo.
De 30 dB a 40 dB (35 decibelios).
O nivel de ruido é moderado. Unha conversa a volume normal, unha habitación con pouca actividade, un día tranquilo no campo, a oleaxe moderada do mar, unha área residencial tranquila.
De 40 dB a 50 dB (45 decibelios).
O nivel de ruido é normal. Unha sala con xente, unha oficina, o ruido que fai un electrodoméstico pouco silencioso, unha rúa pouco transitada, un frigorífico.
De 50 dB a 60 dB (55 decibelios).
O nivel de ruido é un pouco elevado. Algúns electrodomésticos como aspiradores ou batedoras non moi ruidosos, unha concentración de xente na rúa, unha oficina con moita actividade, tráfico dunha rúa transitada, unha televisión a volume medio.
De 60 dB a 70 dB (65 decibelios).
O nivel de ruido é elevado. Grupo de xente conversando con volume de voz alto, un restaurante ateigado, un teléfono sonando preto do oído.
De 70 dB a 80 dB (75 decibelios).
O nivel de ruido é moi elevado. A partir dos 75 decibelios o ruido comeza a causar danos. Unha discusión a berros, tráfico dunha cidade, electrodomésticos moi ruidosos, unha moto ruidosa a pouca distancia, o interior dun avión.
De 80 dB a 90 dB (85 decibelios).
O ruido é daniño en exposicións prolongadas. O paso dun tren, maquinaria de fábrica, as sereas dos bombeiros, unha manifestación ruidosa.
De 90 dB a 100 dB (95 decibelios).
É un nivel de ruido que causa molestias e resulta daniño de forma continuada. Unha serea dos bombeiros a pouca distancia, os cláxones dos vehículos nun atasco.
De 100 dB a 120 dB (110 decibelios).
É un nivel de risco. Un martelo neumático (taladro) a pouca distancia, o interior dunha discoteca, un concerto con volume excesivo, petardos, estadios deportivos en momentos decisivos, un avión despegando, una carreira de fórmula un.
Más de 120 decibelios.
Percíbese dor e existe o risco de perder a audición. O ruido do despegue dun avión a menos de 25 metros, unha explosión intensa.
180 dB
A erupción do volcán Krakatoa a 160 km de distancia. O despegue dunha nave espacial.
Loly estoy estudando moito
ResponderEliminarDálle duro!.
EliminarHai outros niveis do son a parte dos decibelios?
ResponderEliminarHai ruidos mais altos que 180 decibelios?
ResponderEliminarNon o sei moi claro pero seguro que si porque se os 180 decibelios é a erupción do volcan a 160 km de distancia imaxinate al lado
EliminarSi, como mi hermana Sira!!!
EliminarSi os hai pero non o quiero nen imaxinar😅
EliminarEu confio que o exame vaime sair ven.
ResponderEliminar