O METRÓNOMO
Para que serve o metrónomo?
Por: Música Vitamínica o 31.12.25 / comentarios: 1 5º, METRÓNOMO
O METRÓNOMO
Para que serve o metrónomo?
Por: Música Vitamínica o 26.2.25 / comentarios: 0 5º, concerto, repaso
Aquí tedes os audios instrumentais das actuacións para os que cantades ou tocades.
Se vos sabedes a letra, practicade con algo que faga de micrófono e centrádevos en afinar e en interpretar o significado da letra.
Por: Música Vitamínica o 1.10.24 / comentarios: 5 5º
Por: Música Vitamínica o 11.9.24 / comentarios: 7 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, arte, cultura musical, expresión, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
A volta ao cole trae novas clases con novas aprendizaxes para desenvolver moito máis e mellor as nosas habilidades musicais.
Comezamos!.
Por: Música Vitamínica o 21.6.24 / comentarios: 4 1º, 2º, 3, 4º, 5º, 6º, fin de curso
Toca descansar o corpo e a mente tras un curso máis que remata.
Deséxovos unhas felices vacacións e que pasedes un bo verán.
Vémonos á volta!.
Apertas.
Por: Música Vitamínica o 7.5.24 / comentarios: 0 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, arte, cantar, cerebro musical, conservatorio, cultura musical, ESTUDAR MÚSICA, instrumentos, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, interpretación, tocar
Por: Música Vitamínica o 3.5.24 / comentarios: 0 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, cerebro musical, CREATIVIDADE, TIC
Experimenta melodías e ritmos con instrumentos virtuais online. Es quen de tocar algunha canción coñecida ou de crear un ritmo ou unha melodía propia?.
VOZ (IDEAS PARA A MÁQUINA 6º CURSO)
Por: Música Vitamínica o 10.4.24 / comentarios: 1 5º, cultura musical, oído
Como é o proceso da formación da voz?.
Como é o proceso da audición?.
Como se mide e se rexistra a intensidade do son?.
O alumnado de 5º curso está sendo consciente destes procesos e tamén das posibilidades que ofrece a voz humana e da necesidade de ter unha boa saúde auditiva.
Por: Música Vitamínica o 8.4.24 / comentarios: 19 5º, cancións populares galegas, cerebro musical, cultura musical, LETRAS GALEGAS, música tradicional
SEMENTEIRA-Fuxan os ventos
A canción 'Sementeira' de Fuxan Os Ventos, grupo destacado na música folk galega, é unha oda á preservación da cultura e as tradicións.
A través da metáfora da sementeira, a letra fala de plantar e cultivar elementos esenciais para o crecemento dunha comunidade: a infancia, a sabiduría dos maiores e a música como forma de expresión e redención.
O "meniño rebuldeiro" simboliza a nova xeración que debe medrar pegada á súa lingua e cultura, mentras que “o vello que dea consellos” representa a transmisión de coñecementos e tradicións dos anciáns aos novos. O 'cantar de redención' é unha chamada á esperanza e ao renacemento cultural, suxerindo que a música pode ser un vehículo para transformar a desolación nun novo amencer.
A canción remata co ciclo da vida e a morte onde o narrador pide descansar en paz unha vez que remate a súa sementeira deixando un legado para as futuras xeracións nun contexto de loita e supervivencia.
'Sementeira' é un testemuño da importancia de manter vivas as raíces culturais e a identidade dun pobo.
Por: Música Vitamínica o 31.3.24 / comentarios: 8 5º, cerebro musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, signos de prolongación
O PUNTO (repaso)
O punto é un signo musical de prolongación que se sitúa á dereita dunha figura ou dun silencio para aumentar a súa duración a metade do valor da figura ou do silencio que o leva.
A LIGADURA DE UNIÓN
Por: Música Vitamínica o 30.3.24 / comentarios: 9 5º, contaminación acústica, SAÚDE AUDITIVA
A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
0 db.
É o umbral de audición, silencio.
De 0 a 10 dB (5 decibelios).
Niveis de ruido moi baixos, ruidos case imperceptibles e tenues. A respiración sosegada, unha cova illada e sen ruido.
De 10 a 20 dB (15 decibelios)
Son niveis de ruido moi baixos. Susurros, pisadas.
De 20 a 30 dB (25 decibelios).
O nivel de ruido é baixo. O ruido existente nunha biblioteca ou calquera recinto con xente en silencio, cuartos baleiros e illados do exterior, as follas con vento pouco intenso no campo.
De 30 dB a 40 dB (35 decibelios).
O nivel de ruido é moderado. Unha conversa a volume normal, unha habitación con pouca actividade, un día tranquilo no campo, a oleaxe moderada do mar, unha área residencial tranquila.
De 40 dB a 50 dB (45 decibelios).
O nivel de ruido é normal. Unha sala con xente, unha oficina, o ruido que fai un electrodoméstico pouco silencioso, unha rúa pouco transitada, un frigorífico.
De 50 dB a 60 dB (55 decibelios).
O nivel de ruido é un pouco elevado. Algúns electrodomésticos como aspiradores ou batedoras non moi ruidosos, unha concentración de xente na rúa, unha oficina con moita actividade, tráfico dunha rúa transitada, unha televisión a volume medio.
De 60 dB a 70 dB (65 decibelios).
O nivel de ruido é elevado. Grupo de xente conversando con volume de voz alto, un restaurante ateigado, un teléfono sonando preto do oído.
De 70 dB a 80 dB (75 decibelios).
O nivel de ruido é moi elevado. A partir dos 75 decibelios o ruido comeza a causar danos. Unha discusión a berros, tráfico dunha cidade, electrodomésticos moi ruidosos, unha moto ruidosa a pouca distancia, o interior dun avión.
De 80 dB a 90 dB (85 decibelios).
O ruido é daniño en exposicións prolongadas. O paso dun tren, maquinaria de fábrica, as sereas dos bombeiros, unha manifestación ruidosa.
De 90 dB a 100 dB (95 decibelios).
É un nivel de ruido que causa molestias e resulta daniño de forma continuada. Unha serea dos bombeiros a pouca distancia, os cláxones dos vehículos nun atasco.
De 100 dB a 120 dB (110 decibelios).
É un nivel de risco. Un martelo neumático (taladro) a pouca distancia, o interior dunha discoteca, un concerto con volume excesivo, petardos, estadios deportivos en momentos decisivos, un avión despegando, una carreira de fórmula un.
Más de 120 decibelios.
Percíbese dor e existe o risco de perder a audición. O ruido do despegue dun avión a menos de 25 metros, unha explosión intensa.
180 dB
A erupción do volcán Krakatoa a 160 km de distancia. O despegue dunha nave espacial.
Por: Música Vitamínica o 30.3.24 / comentarios: 6 5º, APARELLO AUDITIVO, oído
Por: Música Vitamínica o 25.2.24 / comentarios: 7 3º, 4º, 5º, cantar, expresión, repaso
Practica a túa canción:
Kirby rap
Quédate
TQG
Sesión 53
Yellow
Columbia
Terra
Como Camarón
Cupido
Por: Música Vitamínica o 30.12.23 / comentarios: 5 5º, AUDICIÓNS, cultura musical
BRAVO POR LA MÚSICA
Por: Música Vitamínica o 22.12.23 / comentarios: 4 5º, cultura musical, PRODUCIÓN DA VOZ
A PRODUCIÓN DA VOZ
Por: Música Vitamínica o 22.12.23 / comentarios: 0 5º, cerebro musical, INTELIXENCIAS MÚLTIPLES, LINGUAXE MUSICAL, REPASO LECTURA NOTAS
Por: Música Vitamínica o 3.10.23 / comentarios: 3 5º, arte, cultura musical, instrumentos do mundo
INSTRUMENTOS DO MUNDO
. A kalimba (tamén coñecida como sanza ou mbira) é un instrumento musical idiófono, de son doce, e extendido por todo o continente africano.
Tócase principalmente en ceremonias relixiosas e en reunións sociais. Ten o seu maior arraigo en Zimbabue e Mozambique ao sureste de África, onde é considerada un instrumento nacional.
A sanza é considerada por algúns autores e autoras como un antecesor do piano. Consiste nun grupo de láminas, adheridas a un taboleiro ou resonador de madeira de caoba, que se presionan e se soltan cos polgares para producir melodías e acompañamentos.
As láminas son de diferente lonxitude e material, duras pero flexibles, fabricadas xeralmente en metal aínda que máis artesanalmente se poden fabricar con bambú. Están fixadas a unha ponte por un extremo e teñen libre o outro, de xeito que producen sons ao seren punteadas coas unllas ou incluso cos dedos polos extremos libres. Segundo a lonxitude, as láminas vibrarán a maior ou menor frecuencia , o que se traduce en notas diferentes que poden afinarse alongando ou diminuíndo a súa lonxitude. A súa afinación efectúase dando lixeiros golpes secos cun pequeno martelo nos extremos de cada tecla para alongar ou acortar as láminas correspondentes a cada nota.
Xeralmente a ubicación das notas é intercalada comezando a escala coa nota máis grave no centro e continuando un orde intercalado de esquerda, dereita, esquerda, dereita ata a última tecla; é dicir:
DO La Fa Re Do Mi Sol Si Re8 6 4 2 1 3 5 7 2
Tamén hai kalimbas, sanzas ou mbiras cunha afinación especial, coas teclas nun orde único e concretado para cada unha.
. O djembé (tamén yembe, yimbe, sanbanyi o tam tam) é un instrumento de percusión da familia dos membranófonos. Orixinouse entre Malí e Guinea, dende onde migrou posteriormente a Senegal, Costa de Marfil y Burkina Faso, formando parte integral da música e as tradicións da zona.
Poden ter diferenzas na forma, na densidade da madeira, nos gravados e na pel e existe unha ampla gama de tons que pueden ser emitidos polo yembé. Golpear a pel preto do centro produce notas máis graves e preto do bordo tons máis agudos. Se está ben afinado obtéñense sons graves, medios e agudos ben diferenciados. Tradicionalmente, os yembés teñen uns 30 cm de diámetro.
Hai dous tipos de djembé:
- Os tradicionais, feitos de xeito artesanal con madeira e pel de cabra ou de becerro. Afínanse por medio dunha corda de alta resistencia entrelazándose no aro do parche e no aro da base do instrumento..
- Os modernos, que poden estar feitos de madeira e pel natural ou de fibra e pel sintética.
Existe unha gran variedade de ritmos tradicionais, destacando ritmos de festa e rituais. Segundo o ritmo que se toque é a actividade que se realiza: ritmo moribayassa en situacións de enfermidades ou outros problemas, ou o ritmo kakilambe en oracións para protexer a aldea.
Hoxe en día o djembé é empregado desde a música tradicional africana a grupos de reggae ou música electrónica. É un dos primeiros membranófonos que existiu no mundo.
. O sitar é un instrumento musical tradicional da India e Pakistán, de corda pulsada orixinario da India semellante á guitarra, o laúde ou o banxo pero co mastro máis grande. Identifícase polo seu son metalizado e os seus glissandos.
Está fabricado cunha madeira moi dura de teca e está composto por unha caixa de resonancia feita a partir dunha cabaza. O mastro recto leva un diapasón moito máis ancho que o da guitarra con entre 16 e 20 trastes móviles de latón ou prata. Ten de 11 a 19 cordas afinables de aceiro. Ás veces conta cun corpo de resonancia máis pequeno debaixo do extremo do mastro con sete cordas de aceiro e latón, catro para a melodía e tres para o acompañamento. Púlsanse cunha púa ou mizrab.
O son é producido pola vibración do aire soprado a través dun pequeno burato aberto ao final de cada tubo.
O nome de frauta de pan fai referencia ao deus grego Pan, que representaba a natureza e os pastores. Actualmente, é un instrumento moi empregado principalmente en Sudamérica, por elo é coñecida tamén como flauta peruana, aínda que cada vez máis extendido a todo o mundo.
Tipos de frautas de pan:
Respecto a su forma podemos distinguir 2 tipos de flautas de pan:
Segundo a súa orixe e estrutura podemos distinguir as seguientes variedades de frautas de pan:

Está formado por unha caixa redonda de metal cuberta cunha pel tensa como a dun tambor, unida a un mastro longo e estreito de catro a nove cordas. Tócase punteando as cordas cos dedos ou con púa e mide aproximadamente 85 centímetros.
Nas súas orixes estaba aberto pola parte traseira (banjo openback), engadíndose no século XX un resonador de madeira a modo de peche (banjo bluegrass), con maior resonancia e volume que o que non pecha por atrás. Actualmente, conviven ambos tipos de banxo e empréganse dependendo do estilo musical.
. O didyeridú ou diyeridú, é un instrumento aerófono ancestral empregado polos pobos orixinarios de Australia. Pertence á familia das trompetas.
Nas súas orixes, o didyeridú foi creado a partir de troncos de árbores e arbustos de gran grosor principalmente do xénero Eucalyptus, co seu interior roído pola acción das termitas. Ao limpar o tronco obtense un tubo longo que se fai sonar facendo vibrar os beizos nun dos seus extremos. Esta vibración é amplificada polas paredes do tubo e xera o seu característico son. Movendo os beizos e a lingua e facendo vibracións coa gorxa, pódense variar os sons.
Un didyeridú, usualmente, mide entre 6 e 12,5 cm de diámetro, e de longo pode ir desde 80 centímetros a dous metros ou máis. O longo do instrumento determina a gravedade do son (canto máis largo, máis grave). Algúns presentan un ensanchamento na boca inferior, semellante ao dunha trompeta. Moitas veces, a boca superior, pola cal se sopra, presenta unha cuberta de cera de abellas para previr a irritación dos beizos por mor do roce.
Unha das súas particularidades é que se puede tocar durante un tempo ilimitado mediante unha técnica denominada respiración circular, que consiste en manter continuamente unha cierta presión de aire na boca, inhalando aire polas fosas nasais.
O son característico do didyeridú convérteo nun instrumento óptimo para a musicoterapia, tanto para a persoa que toca –que pode empregalo para guiar as súas meditacións–, como para a persoa que escoita, xa que pode inducir ao estado de relaxación profunda.