A MÚSICA ELECTRÓNICA
A música electrónica xurdiu a finais do século XIX en Europa. Durante o século XX estendeuse á música popular, e deu lugar a estilos como o house, o dance, o tecno ou o trance.
é un tipo de música creada por medio do uso de diferentes instrumentos electrónicos que inclúen os sintetizadores, empregadores ou ordenadores. Unha música relacionada coa innovación tecnolóxica.
Caracterízase principalmente por:
- Producir sons utilizando aparellos electrónicos como o sintetizador, o sampler ou ordenadores.
- Utilizar instrumentos musicais electrónicos e tecnoloxía.
- Permitir incluir modificacións de voz e ritmos de fondo.
Os instrumentos electrófonos utilizan a electricidade para emitir ou modificar o son. Poden ser de dous tipos:
- Os que producen o son de maneira convencional pero que o amplifican grazas á enerxía eléctrica, como a guitarra eléctrica ou o baixo eléctrico.
- Os que xeran o son grazas á electricidade, como o sintetizador, un instrumento capaz de crear novos timbres, modificar o timbre dos instrumentos coñecidos e incluso mesturalos.
Dentro dos instrumentos electrónicos podemos mencionar os seguintes:
- O teclado (tamén chamado órgano eléctrico)
- Guitarra eléctrica
- Baixo eléctrico
- Batería eléctrica
E máquinas como:
- Tornamesa (utilizada por los DJ’s)
- Caixa de ritmos
- Ordenador
Outros instrumentos adaptáronse para funcionar como un instrumento eléctrico, como o saxofón eléctrico e a trompeta eléctrica.
🎶🎸🎼
Comentarios
Publicar un comentario