Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

AS CALIDADES DO SON: 

ALTURA, DURACIÓN, INTENSIDADE E TIMBRE

A ALTURA

altura é a calidade do son que nos permite recoñecer se un son é agudo ou grave. En Música, as notas indican a altura do son. Unhas son máis graves e outras máis agudas.


As notas musicais son sete. Organízanse nunha escala de máis graves a máis agudas. Podemos escribir a escala musical só coa cabeza das notas ou tamén coa plica. 
Doremifasol e la levan a plica cara arriba e do lado dereitoA nota si pode levar a plica cara arriba ou cara abaixo. A partir da nota si todas as notas levan a plica cara abaixo e sempre no lado esquerdo. Fíxate:

Escala de notas con cabeza:


Escala de notas con cabeza e plica:






A DURACIÓN

duración é a calidade do son que nos permite saber se un son é curto ou longo. En Música as figuras indican a duración.




A INTENSIDADE

intensidade é a calidade do son que nos permite saber se un son é máis ou menos suave ou forte. En Música os termos pianomezzopianomezzoforteforte, crescendo e diminuendo indican a intensidade. 


Exemplo de ritmos sen matices:


Exemplo de ritmos con matices de intensidade:



O TIMBRE

timbre é a calidade do son que nos permite recoñecer o son de diferentes instrumentos, voces ou obxectos. O timbre está determinado polo material que o produce: corda, madeira, metal... Por exemplo, o timbre dunha frauta é diferente ao timbre dun tambor.
 

Adiviña o timbre do instrumento que acompaña esta canción:


       
ACTIVIDADE TIMBRE

ACTIVIDADE ALTURA

ACTIVIDADE INTENSIDADE 1

ACTIVIDADE INTENSIDADE 2

ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 1

ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 2: Clasifica cada característica do son coa súa calidade correspondente.

ACTIVIDADE CALIDADES DO SON 3: Escoita o son do exemplo e observa a súa clasificación. Logo, escoita os seguintes sons e vainos clasificando como o do exemplo.





A IMPORTANCIA DO SILENCIO

O silencio é a ausencia de son. É parte indispensable da música e está presente en calquera composición musical.
O silencio facilita a memoria, a aprendizaxe e, en xeral, ten efectos moi positivos sobre nós e o noso contorno.
Hai moito tempo, un sabio chamado Pitágoras dixo: "Escoita e serás sabio, porque o comezo da sabedoría é o silencio".
A seguinte canción de Jorge Drexler trata sobre o silencio. Nela, ademais, a música para en seco facendo pausas claras de silencio.

 


DIFERENCIAMOS RITMO E MELODÍA

Un ritmo é unha serie de sons cunha duración determinada. Escríbese con figuras en ritmograma. Tócano os instrumentos rítmicos.

O ritmo é o motor da música. É a combinación de figuras e de silencios que serven de base a unha melodía.

O ritmo ten que ver coa duración dos sons longos e curtos. A ordenación destes sons longos e curtos produce o ritmo.

O ritmo é un dos elementos básicos da música, tamén da danza e da poesía.



Exemplo de ritmo:


Exemplos de ritmos escritos:



Unha melodía é unha serie de sons cunha altura e cunha duración determinadas. Escríbese con notas en pentagrama.

A melodía é o elemento máis visible dunha peza musical; é dicir, aquelo do que os nosos oídos son máis conscientes ao escoitala. 

melodía é, na maioría dos casos, o punto  de partida dunha composición musical e consiste nunha  combinación das notas dunha escala musical relacionando altura e duración. 

Exemplos de melodías:


Canción Supercalifragilisticoespialidoso

Eees Supercalifragilisticoespialidoso,
aunque suene extravagante, ¡raro y espantoso!;
si lo dice con soltura sonará armonioso,
supercalifragilisticoespialidoso!
Dan dilidili dan diliday, dan dilidili dan diliday.
Dan dilidili dan diliday, dan dilidili dan diliday.


THE ENTERTAINER


Exemplo de melodías escritas:








FIGURAS E SILENCIOS. EQUIVALENCIAS.



A CORCHEA E O SEU SILENCIO

A figura de corchea dura medio tempo e indicámolo así: 1/2. Para conseguir formar un tempo precisamos de dúas corcheas (1/2+1/2=1).


Este é o silencio de corchea. Como os silencios duran o mesmo que a súa figura e a corchea dura medio tempo, o silencio de corchea dura tamén medio tempo. Para formar un tempo precisamos de dous silencios de corchea. Pero tamén podemos combinar medio tempo dunha corchea e medio tempo dun silencio de corchea para formar a duración dun tempo.



COMPASES DE 2, 3 E 4 TEMPOS

(dous por catro, tres por catro e catro por catro).

 



OS INSTRUMENTOS ELECTRÓFONOS

Os instrumentos electrófonos son aqueles que empregan enerxía eléctrica para producir os son como, por exemplo, a guitarra eléctrica.





OS SIGNOS DE REPETICIÓN

Empregamos signos de repetición para simplificar a escrita musical e non ter que escribir dúas veces os mesmos compases. O seguinte signo de repetición chámase dobre barra con dous puntos. Pode aparecer dúas veces ou só unha vez. Cando aparece dúas veces indica que os compases que están dentro das dobres barras con dous puntos se repiten. Cando aparece unha soa vez debemos cantar ou tocar toda a música de novo.




OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN. CLASIFICACIÓN.



OS INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA E DE VENTO-METAL. CLASIFICACIÓN.

A frauta travesa, o clarinete, o óboe, o fagot e o saxofón son instrumentos de vento-madeira.

Antigamente estaban feitos de madeira e o seu son é máis doce que o dos intrumentos de vento-metal. 

Nos instrumentos de vento-madeira o son prodúcese ao soprar por unha boquilla ou ao vibrar o aire nunha cana de madeira.



A trompeta, a trompa o trombón e a tuba son instrumentos de vento-metal. Están feitos de metal e o seu son prodúcese ao vibrar os beizos na embocadura.


                                                                                

Actividade: Instrumentos de vento-metal (escribe a primeira letra con maiúscula).

Actividade: Le con atención sobre a clasificación tradicional dos instrumentos musicais:
Actividade: Escoita como sonan e observa a maneira de tocalos no seguinte vídeo (o que aparece como "corno", nós chamámoslle "trompa"). 


Actividade: Agudiza o teu oído e intenta acertar o son de cada instrumento so seguinte vídeo:


Actividade: Instrumentos da orquestra (dálle a "click to download" e a "permitir". "Play" para esocitar as familias de instrumentos).
Actividade: Instrumentos de vento (escribe a primeira letra con maiúscula).
Actividade: Instrumentos de percusión (escoita o son e logo preme na casilla fóra do son e na casilla do instrumento).
Actividade: Sopa de letras (preme nunha letra e arrastra ata a última letra da palabra. Se non atopas algunha dálle a "mostrar palabra" para ver onde estaba).
Actividade: Instrumentos de vento-metal. Escribe o nome de cada instrumento e dálle a "Finalizar".
Actividade: Partes do piano.
Actividade: Crucigrama.


A ORQUESTRA. COLOCACIÓN.







AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS








2 Reviews:

  1. Live is live es la mejor canción del mundo mundial 🤠👏😍👌

    ResponderEliminar
  2. Mencanta meripopins

    ResponderEliminar