O SANCRISTÁN DE COÍMBRA-canción popular galega
O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras (bis)
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras (bis)
E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis)
O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten mulleres (bis)
Está casado coa area,
dálle bicos cantos quere (bis)
-Retrouso-
Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado (bis)
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado (bis)
-Retrouso-
A miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coímbra (bis)
porque dicen os rapaces:
que leiteiriña máis linda! (bis)
-Retrouso-
Pilocha Pel e Pau
A CAROLINA-canción popular galega
A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza
e díspese polos pés.
-Retrouso-
O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
-Retrouso-
No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.
-Retrouso- (x3)
Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar (bis)
-Retrouso-
Carolina ten un niño
entre as tellas do tellado.
O niño de Carolina
cando chove está mollado.
Fuxan os ventos Uxía Lambona e a banda molona
A RIANXEIRA-canción popular galega
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira (bis)
descalciña pola area,
parece unha rianxeira (bis)
Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira / non te vaias rianxeira
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña / quen te puxo moreniña (bis)
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña (bis)
-Retrouso-
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo / cando veu para Rianxo (bis)
a barquiña que a leva / a barquiña que a trouxo (bis)
éche / era de pau de laranxo (bis)
-Retrouso-
Historia Pel e Pau
Gustoume moito,as cancións ten moito ritmo. BO NADAL🎄🎁🎅☃️
ResponderEliminarGustáronme moito as cancións que vimos en clase, teñen un ritmo moi pegadizo!! 💃🏻🕺🏻
ResponderEliminar"A saia da Calorina"escoiteina hai anos.Volvín a escoitala na clase e tróuxome moitos recordos
ResponderEliminarGustoume moito a versión para nenos pequeños de "A saia de Carolina" , non esperaba que íase convertir nun rap!!
ResponderEliminarTamén foi divertido acompañar a música coas pandeiretas!!
🥁🎵🎺🪇🪈💿
Esta canción da Carolina ten partes que eu non coñecía
ResponderEliminarA saia da Carolina e A Rianxeira son as miñas cancións galegas favoritas,o seu ritmo e tan alegre que invitache a bailar😃😸😁🌞🕺
ResponderEliminarGustoume moito tocar a pandeireta, e as cancións son moi pegadezas.A que máis me gustou foi a da saia da Carolina de Uxía Lambona e a Banda Molona, porque é moi graciosa!!
ResponderEliminarDe pequeña poñianme todo o tempo a canción da saia da carolina de uxia lambona e agora seina de memoria
ResponderEliminarHoxe din a canción "Rianxeira"e agora non paro de cantala🫣😁
ResponderEliminarEncantanme as cancions populares galegas,a qe mais me gustou foi a da saia da carolina.
ResponderEliminarMe gustaría seguir aprendiendo como tocar las cunchas por que es muy divertido.
ResponderEliminarTocar as cunchas gustoume moito, é moi fácil.
ResponderEliminarA min tamén gustoume moito tocar as cunchas, é moi divertido!!
EliminarPuxen a canción da Rianxeira no cumpleaños da niña aboa, todos a sabían de memoria e cantarona todos xuntos🎤🎤🎤
ResponderEliminarA canción"O Sancristán de Coímbra"ten moi bo ritmo,máis non teño favorita.Ademáis aunque sexan moi difícis de aprender quedanche pegadas na mente😜🕺💃👯♀️
ResponderEliminarAs cancións son moi pegadizas!!
ResponderEliminarGústanme moito as cancións populares galegas e as críticas cos instrumentos, a profe é moi boa e explica moi ben
ResponderEliminarEstá todo muy ben explicado e me encatou facer a canción de sancrista
ResponderEliminarEstiven practicando na miña casa a lectura rítmica de Rianxeira e saiume moi ben.
ResponderEliminarEstiven practicando coa pandeireta na casa a canción do Sancristán de Coimbra e saiume moy ben
ResponderEliminarA min gústame moito practicar cancións galegas con instrumentos, é moi divertido!!!
ResponderEliminarGustoume moito está unidade pasada, o de aprendín algunas das cancións populares da miña terra e tamén tocar instrumentos tradicionais!!💿💿💿
ResponderEliminarAs cancións populares galegas son moi divertidas e moi pegadizas, gústame cando facemos traballos de clase con esas cancións.
ResponderEliminar