UNIDADE 4 6º

 O SANCRISTÁN DE COÍMBRA-canción popular galega


O Sancristán de Coímbra
facía de mil diabluras (bis)
mollaba o pan en aceite,
deixaba os santos a escuras (bis)

E bate fado e bate ben,
ti ére-la causa do meu desdén (bis) 

O mar tamén ten amores,
o mar tamén ten mulleres (bis)
Está casado coa area,
dálle bicos cantos quere (bis)

-Retrouso-

Eu quixera ser merliño
e te-lo bico encarnado (bis)
para face-lo meu niño
no teu cabelo dourado (bis)

-Retrouso-

A miña nai xa non me deixa
levar o leite a Coímbra (bis)
porque dicen os rapaces:
que leiteiriña máis linda! (bis)

-Retrouso-

        Pilocha                                             Pel e Pau

  

 A CAROLINA-canción popular galega

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dálle ó rabo.

-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

 A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza
e díspese polos pés.

-Retrouso-

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.

-Retrouso-

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.

-Retrouso- (x3)

 Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar (bis)

-Retrouso-

Carolina ten un niño
entre as tellas do tellado.
O niño de Carolina
cando chove está mollado.

           Fuxan os ventos                             Uxía Lambona e a banda molona

   

Melodía

A RIANXEIRA-canción popular galega

 A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira (bis)
descalciña pola area,
parece unha rianxeira (bis)

Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van.
Non te embarques rianxeira / non te vaias rianxeira
que te vas a marear.

A Virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniña / quen te puxo moreniña 
(bis)
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña 
(bis)

-Retrouso-

 A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo / cando veu para Rianxo 
(bis)
a barquiña que a leva / a barquiña que a trouxo 
(bis)
éche / era de pau de laranxo 
(bis)

 -Retrouso-


Historia                                           Pel e Pau

  

Melodía

  

Comentarios

  1. Gustoume moito,as cancións ten moito ritmo. BO NADAL🎄🎁🎅☃️

    ResponderEliminar
  2. Gustáronme moito as cancións que vimos en clase, teñen un ritmo moi pegadizo!! 💃🏻🕺🏻

    ResponderEliminar
  3. "A saia da Calorina"escoiteina hai anos.Volvín a escoitala na clase e tróuxome moitos recordos

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito a versión para nenos pequeños de "A saia de Carolina" , non esperaba que íase convertir nun rap!!
    Tamén foi divertido acompañar a música coas pandeiretas!!
    🥁🎵🎺🪇🪈💿

    ResponderEliminar
  5. Esta canción da Carolina ten partes que eu non coñecía

    ResponderEliminar
  6. A saia da Carolina e A Rianxeira son as miñas cancións galegas favoritas,o seu ritmo e tan alegre que invitache a bailar😃😸😁🌞🕺

    ResponderEliminar
  7. Gustoume moito tocar a pandeireta, e as cancións son moi pegadezas.A que máis me gustou foi a da saia da Carolina de Uxía Lambona e a Banda Molona, porque é moi graciosa!!

    ResponderEliminar
  8. De pequeña poñianme todo o tempo a canción da saia da carolina de uxia lambona e agora seina de memoria

    ResponderEliminar
  9. Hoxe din a canción "Rianxeira"e agora non paro de cantala🫣😁

    ResponderEliminar
  10. Encantanme as cancions populares galegas,a qe mais me gustou foi a da saia da carolina.

    ResponderEliminar
  11. Me gustaría seguir aprendiendo como tocar las cunchas por que es muy divertido.

    ResponderEliminar
  12. Tocar as cunchas gustoume moito, é moi fácil.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A min tamén gustoume moito tocar as cunchas, é moi divertido!!

      Eliminar
  13. Puxen a canción da Rianxeira no cumpleaños da niña aboa, todos a sabían de memoria e cantarona todos xuntos🎤🎤🎤

    ResponderEliminar
  14. A canción"O Sancristán de Coímbra"ten moi bo ritmo,máis non teño favorita.Ademáis aunque sexan moi difícis de aprender quedanche pegadas na mente😜🕺💃👯‍♀️

    ResponderEliminar
  15. As cancións son moi pegadizas!!

    ResponderEliminar
  16. Gústanme moito as cancións populares galegas e as críticas cos instrumentos, a profe é moi boa e explica moi ben

    ResponderEliminar
  17. Está todo muy ben explicado e me encatou facer a canción de sancrista

    ResponderEliminar
  18. Estiven practicando na miña casa a lectura rítmica de Rianxeira e saiume moi ben.

    ResponderEliminar
  19. Estiven practicando coa pandeireta na casa a canción do Sancristán de Coimbra e saiume moy ben

    ResponderEliminar
  20. A min gústame moito practicar cancións galegas con instrumentos, é moi divertido!!!

    ResponderEliminar
  21. Gustoume moito está unidade pasada, o de aprendín algunas das cancións populares da miña terra e tamén tocar instrumentos tradicionais!!💿💿💿

    ResponderEliminar
  22. As cancións populares galegas son moi divertidas e moi pegadizas, gústame cando facemos traballos de clase con esas cancións.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario