Comezamos
o outono cunha selección de cancións que tratan desta estación do
ano.
Son ideais para escoitalas durante estes días en
momentos de reflexión, de preparación con novas ideas, mentres
viaxamos, ou contemplando a paisaxe.
November rain de Guns N' Roses: É unha das cancións máis coñecidas para evocar a melancolía, o cambio e a nostalxia do outono.
Autumnleaves de Joseph Kosma: Interpretada por múltiples artistas, esta canción relaciónase directamente co outono, xa que a súa letra poética e a súa melodía suave nos sumerxen nun ambiente outonal profundo.
Autumn leaves de Frank Sinatra: Esta versión engade un toque de jazz que nos envolve nunha atmosfera de nostalxia de hai moito tempo.
Wake me up when September ends de Green Day: Lanza unha mensaxe emotiva e cun son distintivo que fan capturar as ideas de cambio e de reflexión.
The sound of silence de Simon & Garfunkel: A súa temática non é propia de outono, mais o seu carácter tranquilo complementa perfectamente as sensacións outonais.
Pasa el otoño de Antonio Vega: Esta canción lévanos a unha viaxe melódica a través de paisaxes outonales, destacando pola melodía cautivadora.
Otoño y mariposas de Miss Caffeina: É unha canción moderna caracterizada polo son de tipo indie rock.
Me Llaman Octubre de Love of Lesbian: Esta canción representa melancolía e a beleza do outono.
Noviembre de Melocos: Canción de carácter nostálxico e melodía pegadiza.
Balada de Otoño de Joan Manuel Serrat: Canción que capta a esencia do outono cunha letra conmovedora.
Cal ou cales pensas que evocan mellor coa súa música ou coa súa letra a tempada de outono? Comenta!


A musica de outono e moi relaxante
ResponderEliminargustoume monito a canción pasa el otoño de Antonio Vega 🍂 🎶
A música de outono para mi é moi relaxante e gustoume moito a canción Balada de otoño de Joan Manuel Serrat
ResponderEliminarGústame moito a canción Me Llaman Octubre
ResponderEliminarSentome moi identificada ca letra de Otoño y Mariposas de Miss Cafeína xa qué se está moi Ben de vacacions sen rutinas
ResponderEliminarA MIN GUSTAME O OUTONO.
ResponderEliminar