Curso 2025-2026

MÚSICA DE OUTONO


Comezamos o outono cunha selección de cancións que tratan desta estación do ano.
Son ideais para escoitalas durante estes días en momentos de reflexión, de preparación con novas ideas, mentres viaxamos, ou contemplando a paisaxe.


November rain de Guns N' Roses: É unha das cancións máis coñecidas para evocar a melancolía, o cambio e a nostalxia do outono.

Autumnleaves de Joseph Kosma: Interpretada por múltiples artistas, esta canción relaciónase directamente co outono, xa que a súa letra poética e a súa melodía suave nos sumerxen nun ambiente outonal profundo.

Autumn leaves de Frank Sinatra: Esta versión engade un toque de jazz que nos envolve nunha atmosfera de nostalxia de hai moito tempo.

Wake me up when September ends de Green Day: Lanza unha mensaxe emotiva e cun son distintivo que fan capturar as ideas de cambio e de reflexión.

The sound of silence de Simon & Garfunkel: A súa temática non é propia de outono, mais o seu carácter tranquilo complementa perfectamente as sensacións outonais.

Pasa el otoño de Antonio Vega: Esta canción lévanos a unha viaxe melódica a través de paisaxes outonales, destacando pola melodía cautivadora.

Otoño y mariposas de Miss Caffeina: É unha canción moderna caracterizada polo son de tipo indie rock.

Me Llaman Octubre de Love of Lesbian: Esta canción representa melancolía e a beleza do outono.

Noviembre de Melocos: Canción de carácter nostálxico e melodía pegadiza.

Balada de Otoño de Joan Manuel Serrat: Canción que capta a esencia do outono cunha letra conmovedora.


Cal ou cales pensas que evocan mellor coa súa música ou coa súa letra a tempada de outono? Comenta!