Curso 2025-2026

» » » CONCERTO DE ANINOVO EN VIENA 2026


Desde hai moito tempo, é tradición en Viena que a Orquestra Filarmónica ofreza polo Aninovo un concerto cun programa composto por música de carácter alegre e ao tempo nostálxico do repertorio, principalmente, de Johann Strauss.

O Concerto de Aninovo da Orquestra Filarmónica de Viena é un evento musical excepcional que se celebra cada 1 de xaneiro na maxestuosa Sala Dourada do Musikverein. O Musikverein é un templo da música clásica situado no corazón de Viena, en Austria.


    Musikverein

   Sala Dourada




   Orquestra Filarmónica de Viena


  Onde está Austria?


    E Viena?


Cada ano, este concerto é dirixido por un director diferente.

O concerto de Aninovo 2026 de Viena incluirá cinco pezas a estrenar e tamén obras de dúas compositoras 👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏


Como poder desfrutar del?

Este concerto retransmítese actualmente en máis de 90 países de todo o mundo, chegando así a millóns de fogares, pois é visto por máis de 50.000.000 de persoas 👌👌

Para velo e escoitalo en España, na 1 de TVE ou en rede a través de RTVE Play ás 11:15 horas.

O concerto tamén se transmitirá na RNE e na Radio Clásica, para quen prefira só escoitalo.

O remate do concerto adoita ser arredor das 14:00 horas.

Como ves é un concerto de longa duración, polo que te animo a que o vexas ou o escoites nalgún momento ao longo da mañá. Sonará, por exemplo, "El Danubio azul" de Johann Strauss, traballado na aula, ou a "Marcha Radetzky" que podes ver e escoitar a continuación.


Mira aquí o programa

Concerto de Aninovo tamén en A Coruña

Entradas para o Concerto de Aninovo en A Coruña 


Ningún comentario:

Leave a Reply