A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA_5º

 A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA




O exceso de son e o ruído son coñecidos como contaminación acústica. Provoca alteracións no noso corpo e pode chegar a  afectar seriamente á saúde.
Os niveis de son e de ruído mídense en decibelios (dB) mediante un aparello denominado sonómetro.



O oído humano pode soportar só certa intensidade de son. Se se sobrepasan os niveis de intensidade aceptables polo oído poden causar danos irreversibles no noso aparello auditivo e xerar outros problemas de saúde. Ademais, é fundamental respectar o dereito dos demais a gozar do silencio. Así que, antes de reproducir ou de interpretar música pensa no que te arrodea e busca un momento e un lugar cos que non perturbes o descanso ou a calma e así favorecer para todos e todas o benestar.

0 db.

É o umbral de audición, silencio.

De 0 a 10 dB (5 decibelios).

Niveis de ruido moi baixos, ruidos case imperceptibles e tenues. A respiración sosegada, unha cova illada e sen ruido.

De 10 a 20 dB (15 decibelios)

Son niveis de ruido moi baixos. Susurros, pisadas.

De 20 a 30 dB (25 decibelios).

O nivel de ruido é baixo. O ruido existente nunha biblioteca ou calquera recinto con xente en silencio, cuartos baleiros e illados do exterior, as follas con vento pouco intenso no campo.

De 30 dB a 40 dB (35 decibelios).

O nivel de ruido é moderado. Unha conversa a volume normal, unha habitación con pouca actividade, un día tranquilo no campo, a oleaxe moderada do mar, unha área residencial tranquila.

De 40 dB a 50 dB (45 decibelios).

O nivel de ruido é normal. Unha sala con xente, unha oficina, o ruido que fai un electrodoméstico pouco silencioso, unha rúa pouco transitada, un frigorífico.

De 50 dB a 60 dB (55 decibelios).

O nivel de ruido é un pouco elevado.  Algúns electrodomésticos como aspiradores ou batedoras non moi ruidosos, unha concentración de xente na rúa, unha oficina con moita actividade, tráfico dunha rúa transitada, unha televisión a volume medio.

De 60 dB a 70 dB (65 decibelios).

O nivel de ruido é elevado. Grupo de xente conversando con volume de voz alto, un restaurante ateigado, un teléfono sonando preto do oído.

De 70 dB a 80 dB (75 decibelios).

O nivel de ruido é moi elevado. A partir dos 75 decibelios o ruido comeza a causar danos. Unha discusión a berros, tráfico dunha cidade, electrodomésticos moi ruidosos, unha moto ruidosa a pouca distancia, o interior dun avión.

De 80 dB a 90 dB (85 decibelios).

O ruido é daniño en exposicións prolongadas. O paso dun tren, maquinaria de fábrica, as sereas dos bombeiros, unha manifestación ruidosa.

De 90 dB a 100 dB (95 decibelios).

É un nivel de ruido que causa molestias e resulta daniño de forma continuada. Unha serea dos bombeiros a pouca distancia, os cláxones dos vehículos nun atasco.

De 100 dB  a 120 dB (110 decibelios).

É un nivel de risco. Un martelo neumático (taladro) a pouca distancia, o interior dunha discoteca, un concerto con volume excesivo, petardos, estadios deportivos en momentos decisivos, un avión despegando, una carreira de fórmula un.

Más de 120 decibelios.

Percíbese dor e existe o risco de perder a audición. O ruido do despegue dun avión a menos de 25 metros, unha explosión intensa.

180 dB

A erupción do volcán Krakatoa a 160 km de distancia. O despegue dunha nave espacial.





Comentarios

  1. eso no lo sabia, ala otra cosa más que sé

    ResponderEliminar
  2. Es impresionante hay muchas cosas que no sabia

    ResponderEliminar
  3. Penso que conseguir 0 dB e moi complicado porque ainda que estés en silencio o ruido do exterior ou de máis lonxe pode provocar máis dB 🤫🧏‍♂️

    ResponderEliminar
  4. Oxala nunca escoite algo a máis de setenta dB, que resulta daniño.

    ResponderEliminar
  5. Eu penso que se estás a 160 km de distancia do volcán Krakatoa consigues danos graves no aparello auditivo, non me imaxino como sería estar máis preto do volcán Krakatoa.

    ResponderEliminar
  6. O tema pareceume moi importante e interesante, menos mal que nunca pasei de escoitar máis de 120 dB.

    ResponderEliminar
  7. Foi moi divertida a actividade que fixemos na clase co sonómetro!

    ResponderEliminar
  8. Agora que coñezo máis sobre o tema, paréceme moi interesante e divertido, pero á vez é unha forma de preocuparse póla saúde auditiva, que é tan importante como todas as demais.
    Tamén, encantoume a actividade que fixemos na clase co sonómetro!!😋

    ResponderEliminar

Publicar un comentario