O DÍA DE GALICIA
Por: Música Vitamínica o 13.5.23 / comentarios: 5 cultura musical, Galicia, himno galego, LETRAS GALEGAS
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día de Galicia ou Día da Patria Galega, é a festa oficial da comunidade autónoma de Galicia e celébrase o 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago.
As celebracións adicadas ao Apóstolo teñen unha duración de dúas semanas aproximadamente. Durante esta quincena, as actividades culturais son moi diversas. A cidade de Santiago chea de música de todos os estilos, danza, teatro, pasarrúas e verbenas. É destacable a reunión de Bandas de Música de toda a Comunidade Autónoma, así como as exhibicións de traxes rexionais e bailes folclóricos.
A noite do 24, no momento que dá paso ao día 25, lánzanse os espectaculares fogos de artificio na honra precisamente ao Apóstolo Santiago, ao tempo que se queima o gran castelo de pirotecnia que imita la fachada gótica da Catedral. O 25 de xullo celébrase a misa solemne na Catedral.
Cando o 25 de xullo coincide en domingo, celébrase o Ano Santo Compostelano ou Ano Santo Xacobeo. Conforme a isto, o vindeiro ano Santo ou Xacobeo será o ano 2021 porque o día 25 será domingo. Ese ano a concentración de peregrinos e peregrinas chegados de todas partes do mundo será moito maior que de costume en Santiago de Compostela.
O Himno de Galicia é un dos símbolos da Comunidade Autónoma de Galicia. O noso himno titúlase Os Pinos. Recibe este nome porque a súa letra está sacada do poema Os Pinos do escritor Eduardo Pondal. Polo tanto, a letra do himno galego é de Eduardo Pondal e a música foi composta por Pascual Veiga.
Aquí tedes un vídeo coa letra do himno de Galicia Os pinos:
Os e as de 6º que ides a 1º da ESO, podedes coñecer de maneira rápida a historia de Galicia no seguinte vídeo:
Os e as demais podedes coñecer a vida na Galicia antiga nos seguintes vídeos:
Video 1
Se che gustou o vídeo 1 mira a continuación o vídeo 2:
Vídeo 2
Gustouche o himno galego? Que é o que máis te chamou a atención da vida na Galicia de antes? Deixa o teu comentario sobre algo do que aprendiches nesta entrada.
🎵🎵🎵
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
Entradas máis lidas
Etiquetas
25 novembro
(1)
AUDICIÓNS
(4)
CANCIÓNS GALEGAS
(5)
Coordinación rítmica
(2)
Danza
(5)
INSTRUMENTOS MUSICAIS
(7)
LETRAS GALEGAS
(15)
LINGUAXE MUSICAL
(71)
MÚSICA E EVOLUCIÓN
(1)
beneficios da música
(6)
compositores
(2)
concerto
(13)
conservatorio
(4)
creación de ritmos
(1)
cultura musical
(83)
día da paz
(2)
magosto
(3)
mente e curiosidades
(15)
repaso
(15)
tocar
(13)



