INSTRUMENTOS MUSICAIS 5º

 

1. Infórmate sobre a clasificación dos instrumentos e realiza as actividades.
Os instrumentos cordófonos son aqueles instrumentos cuxo son se produce pola vibración dunha ou varias cordas. Estas vibracións son amplificadas por unha caixa de resonancia. As cordas poden ser de tripas de animais, de fibras vexetais, sintéticas ou de fíos metálicos. Facendo a corda máis longa ou máis curta emitirán sons máis graves ou máis agudos respectivamente. Os cordófonos podémolos dividir á súa vez en: 
De corda fretada: Tócanse tocando as cordas cun arco.
De corda pulsada ou punteada: Tócanse cos dedos ou cunha púa.
De corda percutida: Tócanse cuns macillos forrados accionados por un teclado.
Os instrumentos aerófonos son aqueles instrumentos cuxo son se produce pola vibración da columna de aire que contén. O tubo máis longo ou máis curto fai que o seu son sexa máis grave ou máis agudo. Poden ser:
De madeira: os que teñen onde se sopla unha lingüeta de madeira.
De metal: os que están feitos de metal e tócanse apoiando os beizos sobre a boquilla. 
órgano é outro instrumento aerófono, que posúe distintos tubos de distintos tamaños para producir sons de diferentes alturas e aos que se lles administra o aire, antigamente de maneira manual e hoxe electricamente.
Os instrumentos membranófonos son aqueles cuxo son se produce pola vibración dunha memebrana de pel. Poden ser:
De son determinado, os que se poden afinar. 
De son indeterminado, os que non se poden afinar.
Os instrumentos idiófonos son os que producen o son gopleándoos entre si ou con baquetas. Poden ser:
De son determinado, cos que se fan melodías.
De son indeterminado, cos que se fan ritmos.
Os instrumentos electrófonos son os que empregan a corrente eléctrica para producir o seu son.
Actividades:
Cordófonos, aerófonos (desprega as pestanas e selecciona a resposta).
Membranófonos, idiófonos, electrófonos (preme en cada instrumento e dálle a play para escoitalo).
Pasapalabra de instrumentos (escribe o instrumento e comproba ou salta esa letra).
Relaciónalos (marca instrumento e a súa familia ou a súa familia e o instrumento).

Comentarios