Sabías que...?
A danza ten a súa orixen na Prehistoria? Pois si. O ser humano tivo desde sempre a necesidade de expresar os seus sentimientos non só a través da comunicación verbal; ou sexa, a través das palabras, senón tamén mediante a comunicación corporal, a través dos movementos do cuerpo, e empregábana moitas veces para facer rituais (costumes ou cerimonias).
A danza é a arte de realizar movemientos coordinados no espazo e no tempo. Realízanse cunha parte do corpo ou con todo o cuerpo, con certo ritmo e serve como expresión de sentimientos individuais, ou de símbolos da cultura e a sociedade. Neste senso, a danza tamén é unha forma de comunicación, xa que se emprega a linguaxe non verbal entre os seres humanos, coa que o bailarín ou bailarina expresa sentimientos e emocións a través dos seus movimientos e xestos. Realízase maiormente con música, xa sexa unha canción, peza musical ou sons.
Parece que a danza foi unha das primeiras manifestacións artísticas da historia da humanidade.
Moitos son os tipos de danza que existen. En xeral, podemos dividilos en tres grandes grupos:
Danzas tradicionais e folclóricas: Son as danzas creadas por unha pobo, propias dun lugar ou territorio concreto. Por exemplo o flamenco (danza tradicional de Andalucía), o tango (danza tradicional de Arxentina), a danza árabe (danza tradicional de Arabia) ou os chamados bailes de salón.
Danzas clásicas: Son danzas que se realizan con movementos lixeiros, harmoniosos e perfectamente coordinados. Dentro desta categoría inclúense a danza medieval ou o ballet, entre outros.
Danzas modernas: A xente nova é a que a practica e desenvolve este tipo de danzas que, en moitos casos, levan asociadas unha maneira de entender a vida e incluso de vestir. Entre estas danzas modernas atópase o breakdance, o popping, o funky, o jumpstyle, o moonwalk ou incluso o rock and roll.
Os movementos dunha danza empréganse para elaborar unha coreografía, e a partir deles pódense inventar novos movementos para crear novas coreografías. As personas que crean a coreografía son coreógrafas ou coreógrafos.
Seguro que algúns ou algunhas das cantantes que che gustan tamén bailan no escenario, a que si?. Pois é que a coreografía tamén se emprega en situacións especiais, como na cinematografía, no teatro, musicais, concertos, performances, eventos e presentacións artísticas.
Vexamos, a continuación, exemplos de coreografías dalgunhas danzas tradicionais e folclóricas:
Principais danzas tradicionais e folclóricas en España:
Flamenco (de Andalucía):
Jota aragonesa (de Aragón):
Aurresku (País Vasco):
Sardana (Cataluña):
Muiñeira
(Galicia. A nosa. Viva!):
É moi interesante que haxa tantos tipos de danzas. Non sabía que a danza se creara na prehistoria. Me parece unha entrada xenial unha das mellores.
ResponderEliminarUnha pregunta,¿cal dos 3 tipos de danzas e a que máis bailes ten,a danza tradicional e folclorica,a danza clásica ou a danza moderna?,¿e a que menos?❓💃🕺❔
ResponderEliminar