Sabemos que, hoxe en día, debemos seleccionar ben a música que escoitamos de maneira particular, música de calidade, ben creada e con rigor musical mais, ás veces non é doado pola cantidade de tipos de "músicas" que nos chega cada día a través dos medios de comunicación. Dentro da música comercial, existen grupos que sonan ben, a música é sinxela pero feita correctamente e o máis importante no caso deste tipo de música, é que transmiten mensaxes positivas coas letras escollidas.
O seguinte grupo, dentro da música comercial de hoxe en día, cumpre con este cometido porque cando sona na radio sube o ánimo e dá enerxía. Porque si, a música tranquiliza pero tamén dá enerxía, ponnos de bo humor, ocúpanos a mente, achéganos aos demais... O grupo do que vos falo é MORAT. Son catro rapaces que fan unha música que gusta á xente e que transmiten boa onda nos seus temas. Se queredes saber un pouco da súa biografía podédelo facer aquí. (Boto en falta que haxa tamén rapazas no grupo pero a verdade é que fan colaboracións con cantantes femininas coma esta).
Exemplos da súa música:
Outra divertida é esta na que cantan con Álvaro Soler.
Máis curiosidades sobre eles aquí.
😉





