MORAT

 

Sabemos que, hoxe en día, debemos seleccionar ben a música que escoitamos de maneira particular, música de calidade, ben creada e con rigor musical mais, ás veces non é doado pola cantidade de tipos de "músicas" que nos chega cada día a través dos medios de comunicación. Dentro da música comercial, existen grupos que sonan ben, a música é sinxela pero feita correctamente e o máis importante no caso deste tipo de música, é que transmiten mensaxes positivas coas letras escollidas.
seguinte grupodentro da música comercial de hoxe en día, cumpre con este cometido porque cando sona na radio sube o ánimo e dá enerxía. Porque si, a música tranquiliza pero tamén dá enerxía, ponnos de bo humor, ocúpanos a mente, achéganos aos demais... O grupo do que vos falo é MORAT. Son catro rapaces que fan unha música que gusta á xente e que transmiten boa onda nos seus temas. Se queredes saber un pouco da súa biografía podédelo facer aquí. (Boto en falta que haxa tamén rapazas no grupo pero a verdade é que fan colaboracións con cantantes femininas coma esta)

Exemplos da súa música:

Outra divertida é esta na que cantan con Álvaro Soler. 

Máis curiosidades sobre eles aquí.

😉

Comentarios

  1. Encántame Morat e un dos meus grupos favoritos, a súa música e xenial 🎵

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A mi tamen gustame moito Morat o escoito a todas horas

      Eliminar
  2. Morat é moi bo cantante é certo que a música dache moita enerxía.

    ResponderEliminar
  3. Encántame morat, canta moi ben. A súa canción máis popular e a que máis me gusta é a de ´´yo contigo tu conmigo´´, e a que apareceu no exame de 5º.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si foi moi divertido que no exame saira esa canción!

      Eliminar
  4. Gustame moito Morat,eu cando teño que ordear a miña habitaciòn poño música, non sei se me da enerxía como din, pero si motivacion e ánimo.

    ResponderEliminar
  5. A os meus pais encantalle Morat e o poñen moito e acabou gústandome.😁😊

    ResponderEliminar
  6. Encántame a súa música da moito ritmo e enerxía

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si a verdade e que danche ganas de "Pegarlle un grito ao ceo"😫😫😫😫😫😫

      Eliminar
  7. Esta supermegarequeteben pola idea de basarse na película de Gru creo que 2

    ResponderEliminar
  8. A min Morat paréceme un grupo excelente xa que as súas cancións teñen moita enerxía .👍🏼🎤

    ResponderEliminar
  9. Encatantame morat e o meu grupo de música fovorito.A verdade e que teñen un estilo de música increíble.💕me dan moitas energías!💕

    ResponderEliminar

Publicar un comentario