LM 1 4º 22-23

 A ORQUESTRA. AFINACIÓN.


Afinar é interpretar cada son coa altura axeitada
diapasón axuda aos músicos a axustar a afinación antes de cantar ou de tocar un instrumento. É unha peza metálica que, cando se lle dá un pequeno golpe, produce o son da nota LA. Tamén pode ser electrónico.
. Como se afina unha orquestra?.
Para afinar unha orquestra, o óboe dá a nota LA ao violín concertino. O violín concertino dá a nota LA á corda e cando esta está afinada dá a nota LA ao vento e despois dá a nota LA á percusión. A partir da nota LA todos os instrumentos afinan o resto das notas. 
A orquestra está lista para tocar!.



MOZART

Wolfgang Amadeus Mozart naceu nunha cidade de Austria chamada Salzburgo no ano 1756

Amadeus vivía cos seus pais Leopold e Anna Maria. Tiña sete irmáns, entre eles a súa irmá maior Nannerl, quen tamén demostrou grandes dotes musicais e na que Amadeus fixábase nela sempre que tocaba el piano.

Nannerl e Mozart medraron rodeados de música, o seu pai Leopold era músico e axiña se decatou de que tiña un pequeno xenio na casa. 

Amadeus era un neno prodixio que aos catro anos xa era quen de tocar instrumentos e de compoñer obras musicais. Con tan só catro anos podía ler á perfección as notas musicais nun pentagrama.

Aos seis anos sabía tocar varios instrumentos, como o violín e o clavecín (como un teclado). Tamén tiña unha gran memoria, era quen de escoitar unha obra musical unha soa vez e tocala ao seguinte día de memoria con gran precisión.

Ademáis de tocar o clavecín, Mozart quixo compoñer as súas propias pezas, sempre coa axuda do seu pai; mentres Mozart tocaba o teclado cos seus pequenos dedos, o seu pai apuntaba as notas nun caderno. Esta afición levouno a compoñer a súa primeira sinfonía aos 8 anos e unha ópera aos 12.

O pai de Mozart decidiu levar de xira aos seus dous fillos por varios países, actuando en cidades como Munich, Viena, París, Londres e Amsterdam, e en países como Italia.

Faleceu moi novo, con tan só 35 anos, mentres traballaba na súa última obra, o Réquiem, a cal non puido rematar.

Foi o creador de moitas das máis grandes obras mestras da historia da Música. As súas primeras sonatas para piano e violín, así como as súas sinfonías, aínda hoxe son interpretadas polas máis famosas orquestras e músicos ao longo de todo o mundo.

ALLA TURCA- MARCHA TURCA-Wolfgang Amadeus Mozart



O OSTINATO

Un ostinato é unha secuencia melódica ou rítmica que se repite continuamente ao longo dunha peza musical.

Exemplo de obra con ostinato rítmico

Así de ben o fixestes escrito:



GRAVACIÓN E REPRODUCIÓN DO SON

A posibilidade de reproducir son gravado remóntase a varios séculos atrás coa fabricación de distintos instrumentos mecánicos ou automáticos.

Antigamente, a gravación do son realizábase con custosos aparellos moi difíciles de utilizar. Hoxe en día, pódese gravar facilmente cun ordenador, cunha gravadora ou cun teléfono, xa que levan micrófonos incorporados.

GRAVAN E REPRODUCEN SON:

FONÓGRAFO                    GRAMÓFONO                  RADIOCASETTE  

      

REPRODUCEN SON:

TOCADISCOS                     LECTOR DE CD

     



Comentarios