EM 1 3º

Repaso básico de 2º curso


A música vaise organizando en compases que están separados por liñas divisorias. Sempre que remata a música nunha partitura, aparece a dobre barra final.

As figuras musicais representan a duración do son. Cada unha delas ten unha duración:


As figuras e silencios combínanse entre elas. Por exemplo, para sumar tres tempos podemos facer a seguintes combinacións, entre outras: 



COMEZAMOS 3º!

SETEMBRO

Canción galega-O pirimpimpín               Canta O Pirimpimpín 
 
 

Aprende a letra:

Teño dentro do meu peito
unha laranxa partida,
para darlle ao meu amor
o pirim pirim pim pim
para darlle a miña vida.

Pirimpimpin pim pim pim pim
Manolo vira pra acá,
Maria vira pra aquí (bis)


De Portugal me mandaron
tres peras nun ramalliño,
quen me dera a min saber
o pirim pirim pim pim
quen me ten tanto cariño.

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,
María vira pra aquí (bis)


Do outro lado do río,
do outro lado meu ben,
do outro lado do río
o pirim pirim pim pim
teño a que lle quero ben.

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,
María vira pra aquí 
(bis)

Ao entrar en Sanguiñeda
hai un lexo de letreiro
que sempre está a dicir:
"O pirim pirim pim pim
Portugal meu compañeiro".

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,
María vira pra aquí 
(bis)

Rebola o pai, rebola a nai,
rebola a filla,
eu como son da familia
tamén quero rebolar (bis)

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,
María vira pra aquí (bis)

Rebola o pai, rebola a nai,
rebola a filla,
eu como son da familia
tamén quero rebolar (bis)

Pirimpimpim, pim pim, pim pim,
Manolo virá pra acá,María vira pra aquí (bis)


AUDICIÓN "The Entertainer"



AUDICIÓN LA MAÑANA-Edvard Grieg


GRAFÍA-A ESCALA DE DO


A ALTURA

altura é a calidade do son que nos permite recoñecer se un son é agudo ou grave. En Música, as notas indican a altura do son. Unhas son máis graves e outras máis agudas.


AS NOTAS

As notas musicais son sete. Organízanse nunha escala de máis graves a máis agudas. Podemos escribir a escala musical só coa cabeza das notas ou tamén coa plica. 
Doremifasol e la levan a plica cara arriba e do lado dereitoA nota si pode levar a plica cara arriba ou cara abaixo. A partir da nota si todas as notas levan a plica cara abaixo e sempre no lado esquerdo. Fíxate:
Escala de notas con cabeza:


Escala de notas con cabeza e plica:




CANCIÓN "O PATO"- Xurxo Fernandes


Aprende a letra:


- Señora María, por que está anoxada?,
   Señora María, por que está anoxada?. 
- De buscar o pato eu xa vou cansada,
  De buscar o pato eu xa vou cansada.

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.

Este pato tiña pecas no peteiro,
Este pato tiña pecas no peteiro,
comía na mesa con viño do Ribeiro,
comía na mesa con viño do Ribeiro,

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.

Antonio da ialma, búscame este pato
Antonio da ialma, búscame este pato;
se non o trouxeras mira que te mazo
se non o trouxeras mira que te mazo.

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.

Bota de charol, na crisma chapela
Bota de charol, na crisma chapela
o ghalopín tiña estilo de seu
o ghalopín tiña estilo de seu.

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.

Peito colorado, andar moi gharboso
Peito colorado, andar moi gharboso;
o parrulo deixa o corazón roto
o parrulo deixa o corazón roto.

Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!,
Ai, pato pato pato, eu por ti me mato!.


Escoita máis cancións aquí.


OUTUBRO

O TIMBRE

timbre é a calidade do son que nos permite recoñecer o son de diferentes instrumentos, voces ou obxectos. O timbre está determinado polo material que o produce: corda, madeira, metal... Por exemplo, o timbre dunha frauta é diferente ao timbre dun tambor.
 

Adiviña o timbre do instrumento que acompaña esta canción:



A TESITURA

tesitura é o conxunto de notas que unha persoa pode cantar ou que un instrumento pode tocar. Dependendo das cordas vocais que cada persoa ten e do tamaño de cada instrumento, poderá ter unha tesitura máis grande ou máis pequena. Por exemplo, o xilófono ten unha tesitura pequena, o clarinete ten unha tesitura media e o piano ten unha tesitura grande.
Escoita a tesitura do xilófono, a tesitura do clarinete e a tesitura do piano:

 

A que outro instrumento pensas que pertence esta tesitura?.


Escoita a voz coa tesitura máis grave que se coñece.

    


Baile- "O twist do esqueleto"

II:Mira como baila o esqueleto,
como se menea por completo :II

Este baile has aprender
e o esqueleto mover,
mira que fácil é de facer!.



CANCIÓN "La fusión de mi corazón"


A mí me gusta jugar y explorar,
la quietud a mí me produce ansiedad.
No es fortuna lo que quiero encontrar,
sino una chispa de felicidad.

Para mí, quien solo abandono conoció,
tú creaste mi mundo y lo llenaste de amor.
Y desde ese momento, hasta este mismo instante
eres mi medio diamante.

Al estar junto a ti yo me siento muy feliz,
la corriente en mi alma pierde su control;
tú curas mi dolor sin dejarme cicatriz,
Mikellino es la fusión de mi corazón.

Algo que odio es estar en soledad
pero tú apareciste y me diste tu amistad.
Por eso amo tenerte junto a mí,
con tu mera sonrisa yo me siento más feliz.

Para mí que solo había depresión,
entraste a mi vida y me diste una razón.
Y desde ese momento hasta este mismo instante,
Eres mi medio diamante.

Al estar junto a ti yo me siento muy feliz...

Al estar junto a ti, con solo tenerte aquí
todo mi universo sufre una expansión.
Con la misma belleza de un ángel al volar
¡Haces a mi corazón el cielo tocar!



A CORCHEA E O SEU SILENCIO

A figura de corchea dura medio tempo e indicámolo así: 1/2. Para conseguir formar un tempo precisamos de dúas corcheas (1/2+1/2=1).


Este é o silencio de corchea. Como os silencios duran o mesmo que a súa figura e a corchea dura medio tempo, o silencio de corchea dura tamén medio tempo. Para formar un tempo precisamos de dous silencios de corchea. Pero tamén podemos combinar medio tempo dunha corchea e medio tempo dun silencio de corchea para formar a duración dun tempo.

FIGURAS E SILENCIOS. EQUIVALENCIAS.



COMPASES DE 2, 3 E 4 TEMPOS

(ou dous por catrotres por catro e catro por catro).








NOVEMBRO

OS INSTRUMENTOS DE CORDA. CLASIFICACIÓN.

Os instrumentos musicais clasifícanse tradicionalmente segundo a maneira de producir o son
Os instrumentos de corda poden ser de corda fretada (frétanse as cordas cun arco), de corda pulsada (púlsanse as cordas cun dedo ou cunha puga), ou de corda percutida (percútense as cordas golpeando cos dedos).

Corda fretada
   

Corda pulsada

Corda percutida
    

LECTURAS

NOTAS DE REPASO FASOLLA, SI

Lembra que a nota fa sempre aparece no 1º espazo do pentagrama, a nota sol, na 2ª liña, a nota la no 2º espazo do pentagrama e a nota si na 3º liña. Todas estas notas levan a plica cara arriba e á dereita da cabeza, menos a nota si que a pode levar cara arriba ou cara abaixo á esquerda. Memorízaas ben!.
Mira cada nota ao tempo que vas dicindo de memoria o seu nome en voz alta. Preme na imaxe do pentagrama se o queres ver en tamaño grande.
Intenta agora facer a seguinte lectura sen a axuda das cores. 
Lembra que debes ler sen facer pausas e con velocidade de 3º.

Fa, sol, la, si negras

Fa, sol, la, si brancas

Fa, sol, la, si negras, brancas e silencios

Fa, sol, la si negras, brancas, silencios e parella de corcheas

Fa, sol, la, si corcheas, negras e silencios

Fa, sol, la si corcheas
           
DECEMBRO

OS INSTRUMENTOS ELECTRÓFONOS

Os instrumentos electrófonos son aqueles que empregan enerxía eléctrica para producir os son como, por exemplo, a guitarra eléctrica.



       
OS SIGNOS DE REPETICIÓN

Empregamos signos de repetición para simplificar a escrita musical e non ter que escribir dúas veces os mesmos compases. O seguinte signo de repetición chámase dobre barra con dous puntos. Pode aparecer dúas veces ou só unha vez. Cando aparece dúas veces indica que os compases que están dentro das dobres barras con dous puntos, se repiten. Cando aparece unha soa vez debemos cantar ou tocar toda a música de novo.



A NOTA DO AGUDA (DO´)

A nota do´atópase no terceiro espazo do pentagrama. Fíxate e memorízaa!.
Fíxate que están en cor negra as notas fa, sol, la e si que xa debes saber. A nota do´aparece en cor vermella. Di do cada vez que a vexas, e o nome das outras notas sen a axuda das cores. Fíxate nos signos de repetición. Concéntrate, vai amodo e, adiante!. 

Con negras:

Con negras, brancas, silencio de negra, silencio de branca e parella de corcheas (lembra repetir os compases que se indican):


🎼


Comentarios