Practica la LECTURA DE NOTAS

Screenshots

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?
» » MÚ 1 5º

MARCACIÓN DOS COMPASES


COMPÁS DE 2 POR CATRO, COMPÁS DE 3 POR CATRO E COMPÁS DE 4 POR CATRO.

KARANGA -HAKA

Karanga é unha parte dunha ceremonia de benvida maorí chamada “Powhiri”. Consiste nun intercambio de chamadas que se produce mentres os visitantes chegan ao lugar de reunión dunha tribo ou dunha familia. Dánzase en Nova Zelanda.

Kite moemoa,
Kita koto karanga;
kite moemoa,
kita koto karanga.
Heiro tara haha,
heiro rara haho;
kite moemoa,
kite moemoa.


O TEMPO

tempo é o grao de velocidade con que se interpreta unha obra musical. Indícase ao comezo do pentagrama mediante equivalencia ou mediante termos italianos. 


PARA PRACTICAR



A FORMA MUSICAL


forma musical é a organización das diferentes partes dunha obra musical. Esta organización represéntase cunha estrutura baseada en letras que identifican cada parte. 
     Forma binaria: consta de dúas partes. Unha idea principal e outra diferente que contrasta coa anterior. Estrutura:

   

   Forma ternaria: consta de tres partes. Unha idea principal que se vai alternado con outras constrastantes volvendo á idea principal ou seguindo con partes diferentes. Estrutura:


  Forma rondó: Consta dunha idea principal intercalada con outras contrastantes e rematando coa idea principal. Estrutura: 


Exemplo 1: Os fósiles (El carnaval de los animales) de Camille Saint- Säens.


      

Exemplo 2: Rondó da suite nº 2 de Johann Sebastian Bach


    


NOVEMBRO

A MÚSICA DESCRITIVA

música descritiva é aquela que conta unha historia, representando imaxes, escenas ou estado de ánimo e facendo que a-o oínte cree na súa mente ideas ou imaxes. 
Cada instrumento é un personaxe ou  representa un espazo (o son dun río, das árbores...) e cada un ten un papel específico (un fagot non podería facer o son dun río nin unha frauta os pasos dun elefante). Entre as creacións están, por exemplo, "Pedro y el Lobo", "El aprendiz de brujo" ou "En un mercado persa".

Por exemplo, En un mercado persa del compositor Albert William Ketèlbey, presenta dez escenas representadas en 6 fragmentos musicais que representan os seis grupos de personaxes: CAMELEIROS, MERCADERES E MENDIGOS, PRINCESA E DONCELLAS, CALIFA E SÉQUITO, O ENCANTADOR DE SERPES E OS SALTIMBANQUIS.

ESCENAS:
1. Ao lonxe aparecen os camelos cargados e vase achegando lentamente.
2. Os mercaderes montan os tenderetes. Os mendigos piden esmola.
3. Aparición da princesa coas súas doncellas.
4. Os saltimbanquis bailan e entreteñen á xente na praza do mercado.
5. Os encantadores de serpes sorprenden ao público.
6. O califa co seu séquito atravesa o mercado anunciado polas trompetas.
7. Vólvense oír as voces dos mendigos e os mercaderes comenzan a recoller porque anoitece.
8. A princesa chega ao pazo tras facer as súas compras.
9. Os mercaderes, cos seus camelos, vanse afastando.
10. O mercado perde a súa animación.


                      El aprendiz de brujo (Paul Dukas) El vuelo del moscardón (Nikolái Rimski-Kórsakov)

                                                        

                              El invierno (Antonio Vivaldi)                        Los fósiles (Camille Saint-Saëns)

                              


A ANACRUSA

anacrusa é unha nota ou grupo de notas que preceden ao primeiro tempo forte dunha obra ou fragmento musical. Polo tanto e, tal e como aparece no exemplo, sería un compás incompleto ao comezo da composición. 


AGRUPACIÓNS INSTRUMENTAIS



DECEMBRO

LECTURAS RITMICO-MELÓDICAS
(lidas, non cantadas)

Explicación


Lectura 1                                   Lectura 2

     

Lectura 3                                   Lectura 4

     

Lectura 5                                   Lectura 6

     


LECTURA RÍTMICA





LECTURA DE NOTAS CON RITMO

Se o ritmo é saal-to, dicimos doo-re...

Se o ritmo é Á-frica, dicimos do-remi...

Se o ritmo é da-mee blues, dicimos do-ree mi...

Se o ritmo é chic-un, dicimos do-unre-un...

Importante: Se non che saiu de todo ben segue estudando lento. Se che saiu ben, a próxima vez que o practiques inténtao moderato
 


DANZA DE EEUU

«Tennessee Wig Walk» é unha canción popular do compositor estadounidense Larry Coleman, con letra de Norman Gimbel.
Esta canción usouse como música de baile nos Estados Unidos.



Letra e tradución:



A HAKA

Karanga é unha danza haka (típica da cultura maorí de Nova Zelanda).
Interprétase con xestos e voz e forma parte dunha ceremonia de benvida chamada “Powhiri”.
Consiste nun intercambio de chamadas que se produce mentres os visitantes chegan ao lugar de reunión dunha tribo ou dunha familia.


Kite moemoa,
Kita koto karanga;
kite moemoa,
kita koto karanga.
Heiro tara haha,
heiro rara haho;
kite moemoa,
kite moemoa.
                                                   

  



MÚSICA E EVOLUCIÓN HUMANA

Conceptos previos:

-Que é a herdanza?

A herdanza é o proceso natural polo que os individuos recollen directamente a información das células de pais e nais a fillas e fillos coas súas características.

-Que é a selección natural?

A selección natural é o proceso natural que fai que os individuos que están mellor adaptados sobrevivan mellor e polo tanto poidan ter fillos que herdarán as súas características.

-Que é a selección sexual?

A selección sexual é o proceso polo que un individuo escolle a outro en función das súas características externas para ter fillos.

MÚSICA E EVOLUCIÓN:

1) A primeira experiencia musical acontece durante a xestación. 

Os fetos aprenden as características musicais da lingua materna dentro da barriga porque escoitan a partir do quinto mes de xestación. O oído é o primeiro sentido que desenvolvemos os humanos. Á parte da voz de mamá, hai outros sons musicais na barriga que compoñen a primeira experiencia musical dos humanos e dos que os fetos aprenden cousas: o latexo do corazón é rítmico (outra das características da música), bum-bum-bum, con este son os fetos aprenden que cando mamá se axita o corazón vai máis axiña, esta é a razón pola que os humanos entendemos que unha música alegre ten que ter ritmo rápido.

Quizais sexa por esta razón pola que en todas as sociedades humanas son as mulleres as principais cantoras (a voz feminina) e polo que sempre acompañan os seus cantos de tambores (bum-bum do corazón) e de axóuxeres de moitos tipos (o son shhh-shhh). Así, coma no resto do mundo, estes instrumentos musicais, os tambores feitos de pel e madeira (chamados tambores de marco) e os axóuxeres, foron empregados polas mulleres galegas dende tempos inmemoriais para acompañar os seus cantos. En Galiza os tambores de marco chámanse pandeiros e os axóuxeres usados para acompañalos ferreñas: os pandeiros podían ser redondos ou cadrados e as ferreñas redondas ou planas: 

   

2) Os nenos e nenas poderían ser os fabricantes dos primeiros instrumentos musicais.

Unha vez que os humanos nacemos, rememoramos a nosa secuencia evolutiva: primeiro movémonos a catro patas (primates cuadrúpedes semellantes aos monos), despois poñémonos de pé e aprendemos a camiñar (Homo erectus), de seguido comezamos a manexar as mans para construír cousas (Homo habilis) e ao mesmo tempo imos aprendendo a cantar e falar. A habilidade manual que permite construír cousas sinxelas desenvólvena os nenos e as nenas por volta dos catro anos. A esa idade comezaban a construír os seus propios xoguetes.

Entre os instrumentos musicais que aparecen no Paleolítico europeo, temos máis de quince tipos diferentes: asubíos, raspadores, axóuxeres, tubos sonoros, zoadeiras, etc.

O máis curioso e sorprendente é que todos eses tipos diferentes de instrumentos musicais achados no paleolítico europeo foron fabricados e usados polos nenos e nenas galegos.

Moitos dos instrumentos musicais que os nenos e nenas fabrican entre os catro e os sete anos de idade aparecen nas escavacións do paleolítico europeo. Cando eran moi pequeniños, os nenos e as nenas fabricaban xa instrumentos moi sinxeliños, por exemplo asubíos, feitos con cascas naturais como as abelás, as landras ou os carrabouxos, este tipo conservouse nas escavacións fabricados en óso.

Aos cativos gustáballes moito facer xoguetiños que imitasen sons coñecidos, como os dos paxaros, por iso algúns asubíos levan nomes de paxaros como as coruxas ou os carrizos, estes construíanos empregando unha casca dunha noz, un cordeliño e un pauciño e imita o son das carrizas (Troglodites troglodites).

No paleolítico tamén aparecen asubíos de pedra, como os que se fabricaban no norte de Galiza cunha pedra moi brandiña chamada toelo, cos que tamén se pode imitar o son dos paxaros ou mesmo tocar unha melodía.

Segundo os nenos e nenas ían medrando, cada vez construían instrumentos musicais máis complexos, por exemplo, empregando dous tubiños de cana cun pouquiño de auga dentro, fabricaban uns xoguetiños, os paxariños, que cantan coma paxaros, os memso que o oleiros fabricaban de barro.

Os xoguetes rotatorios foron moi famosos entre os nenos e nenas de todo o mundo. Os galegos construían varios tipos que son ao mesmo tempo instrumentos musicais, por exemplo os cravanoces.

Cun botón, unha taboíña ou mesmo co óso da pata dun porco fabricaban un fungo ou bufagatos, un xoguete rotatorio documentado tamén no Paleolítico.

Empregando unha táboa, cadrada ou con forma de peixe, atada na punta dun cordel, os nenos e as nenas fabricaban zoadeiras, instrumentos musicais moi ben documentados no Paleolítico europeo e que sobreviven unicamente en Galiza, Nova Guinea, Australia e na África negra.

3) As nenas cantaban e os nenos construían.

A selección sexual. A partires aproximadamente dos sete anos de idade acontece na nosa cultura un fenómeno moi salientable: as nenas comezan a cantar e empregar tambores de marco (pandeiros, pandeiras e pandeiretas), como as súas nais, mentres que os nenos comezan a construír instrumentos complexos que lles permiten facer melodías.

É moi importante explicar que homes e mulleres temos exactamente as mesmas capacidades respecto ao canto e a construción e que, polo tanto, esta diferenciación ten que ter outra base.


 

4) Os instrumentos musicais construídos polos nenos rememoran a historia cultural humana.

Igual que o noso desenvolvemento físico rememora a nosa evolución biolóxica, determinadas secuencias culturais que acontecen na vida dos nenos e nenas rememoran a nosa historia cultural. Quizais o exemplo máis bonito deste fenómeno sexa o dos nenos que van acabar por ser gaiteiros.

Na nosa cultura tradicional moitos nenos aspiraban a ser gaiteiros, pois era un oficio de prestixio (de lucimento). Dende que eran pequenos ata que chegaban a tocar unha gaita de fol dos adultos, os nenos seguían un camiño de construción de instrumentos musicais, de máis sinxelos a máis complexos, que remata na gaita de fol dos adultos e que rememora exactamente a historia deste instrumento.


5) Por que son as mulleres as principais cantoras nas culturas humanas?

A falta de interese das nenas na construción de obxectos é probablemente o reflexo da súa actitude no proceso de selección sexual, a muller non ten que lucirse dun xeito tan activo como os homes, así que aínda que goza das mesmas capacidades construtivas que un home, a súa xenética non a impele a desenvolver actitudes construtivas desde a infancia, pero si que a empurra a cantar e manexar tambores.

Estas dúas, as nanas e as calidades aprendidas na barriga da voz feminina, poden ser as razóns polas que as mulleres son as principais cantoras nas sociedades humanas. As mulleres humanas non só empregaron para acompañar os seus cantos os tambores de marco xunto cos axóuxeres, se non que co paso do tempo os sons dos tambores (bum-bum) e dos axóuxeres (shhh-shhh), pasaron a formar parte do mesmo instrumento, e as culturas humanas desenvolveron tambores con axóuxeres incluídos no seu marco, caso dalgúns tambores redondos, das pandeiras e das pandeiretas galegas.

Pese a que as capacidades de homes e mulleres son moi semellantes, a selección natural colocounos en papeis diferentes dentro das nosas sociedades primitivas por motivos obvios: as longas infancias e as lactancias de seis ou sete anos de duración colocaron á muller no papel de principal coidadora dos nenos e nenas, para coidar hai que permanecer na aldea e por iso se desenvolveron sociedades matriarcais, nas que as mulleres organizaban e mandaban nas sociedades humanas. Como este papel foi ocupados polas mulleres, os homes foron seleccionados para cazar, protexer e, debido á selección sexual, construír. Este é o motivo polo que os homes desenvolveron algo máis de forza.

Os homes tamén coidaban aos seus fillos e fillas e as mulleres eran quen de cazar e construír, estes papeis non son excluíntes, son simplemente inclinacións.

6) A MÚSICA E  A COHESIÓN SOCIAL

Dende moi antigo e ata os anos 1990, os científicos e científicas pensaron que a música era simplemente unha diversión dos humanos, un pasatempo. Ancorada nesta categoría, a música perdía calquera tipo de relevancia no proceso evolutivo da nosa especie. Non entanto, nos anos 1990 descubriuse que cando un grupo humano fai música en conxunto, é dicir, cando cantan, bailan e tocan instrumentos en grupo, acontecen dous procesos moi salientables: por unha parte baixa considerablemente a testosterona nos homes, é dicir, a agresividade do grupo baixa considerablemente. Por outra parte, increméntase no sangue de homes e mulleres a concentración doutra hormona: a oxitocina. Á parte de ser un relaxante estupendo, a oxitocina ten un efecto sorprendente sobre as nosas mentes: permite fixar memorias positivas e esquecer acontecementos negativos.


A música é o mecanismo deseñado pola evolución para xerar cohesión social dentro dos grupos humanos.

Esta é a principal razón pola que os grupos humanos en estado natural organizan semanalmente varias festas, así manteñen forte a súa cohesión e incrementan a súa colaboración. Como nas sociedades tradicionais, e na nosa en particular, moitos traballos se realizaban de xeito comunal, nas aldeas galegas organizábanse, polo menos, dúas festas á semana e nalgúns lugares incluso tres. Nestas festas participaban todos os membros da aldea, dende os nenos e nenas ata os avós e avoas. Xogábase, contábanse contos e sobre todo, facíase música e bailábase. Nestas festas denominadas seráns, polavilas, foliadas, ruadas, etc., foron as mulleres as principais encargadas de aportar a música nestas festas cantando e tocando os seus tambores.


7) Tocar a gaita de fol é un xeito de lucimento.

As mulleres aportaron a maior parte da música na nosa sociedade tradicional cantando cos seus pandeiros pero, por que eran os homes os principais tocadores de gaitas?

Por unha parte os nenos xa viñan encamiñados cara a gaita de fol debido á construción de gaitas por eles mesmos.

8) Homes e mulleres ocuparon territorios diferentes.

O oficio das nenas e as mulleres foi organizar as nosas sociedades. As mulleres organizaban e mandaban nas aldeas humanas.

Podemos entón dicir que o territorio propio das mulleres foi a súa casa e as súas leiras. É curioso observar que as mulleres e as nenas empregaron moitos dos útiles deste territorio como os trespés, as tixolas, chaves, culleres, garfos, pratos, latas de pementón e incluso os sachos e aixadas, para acompañar o canto.

9) O territorio dos homes foi a coida do gando e a construción.

Moitos dos nenos pastores pasaban moito deste tempo libre construíndo e tocando instrumentos musicais.

Construír e tocar tres instrumentos musicais diferentes cos cornos das cabras é un fantástico exemplo da creatividade (musical) dos humanos, como tamén o é o ser quen de facer unha complexa melodía empregando unha folla de hedra (unha práctica só documentada por agora en Xapón, Bulgaria, no Amazonas e en Galiza), ou empregar unha cana fendida ao medio como instrumento de percusión e mirlitón simultaneamente, fabricar gaitas cunhas pallas, xoguetes sonoros aproveitando materiais da natureza, etc.

10) A música na medicina.

Facían música para acompañalo na súa viaxe ao inconsciente, para relaxarse, ben usando tambores e cantos, ben usando os berimbaos.

11) A música nas historias: os instrumentos de corda e as cantigas.

Outro costume amplamente difundido nas sociedades humanas e nos que a música participa son as cantigas. Todas as nosas sociedades teñen o costume de compoñer poesías baseadas en feitos destacables ou que compre lembrar, e de cantalas acompañándoas dunha música; xorden así as cantigas e os romances.

12) A música no ritual relixioso.

Unha das manifestacións máis comúns da música no ritual galego son os cantos de Nadal e Reis. A relixión católica fíxose cargo de prácticas moi antigas que celebraban o solsticio de inverno, é dicir, a morte do ano e o nacemento dun novo ciclo, simbolizándoo co nacemento de Xesús. Así, no Nadal, cuadrillas de nenos e nenas, homes e mulleres saían a cantar, de casa en casa.


Finalmente, lembrar que as actitudes e papeis diferenciais que homes e mulleres xogaron nas sociedades primitivas foron deseñados pola selección natural e sexual para facilitar a nosa supervivencia, non entanto, hoxe en día moitos destes papeis e actitudes xa non teñen sentido pois as condicións nas que vivimos trocaron substancialmente, e por iso debemos recalcar que homes e mulleres deben ser quen de escoller libremente os papeis queren xogar na sociedade e esta debe permitirlles esta libre elección en igualdade de condicións, dereitos e obrigas.