Con gran elegancia celebramos hoxe a nosa particular entrada no ano 2023.
Unha vestimenta para a ocasión, uvas da boa sorte, e badaladas en directo foron suficiente para desfrutar unha vez máis dun momento de unión e de compañeirismo entre as clases de 5º de Educación Primaria.
Despedimos, así, o 2022 que tantos grandes momentos nos deu e pedimos ao ano próximo poder compartir máis e máis, e mellores aínda.
Agora xa estades preparadas e preparados para o cambio de ano definitivo. Pero lembrade agardar os catro cuartos antes da primeira badalada...
Agradecemos a todas as compañeiras e compañeiros as ganas postas neste día, á compañeira e ao compañeiro músicos encargados de tocar, e ás profesoras Isabel, Emma e profesor Miguel pola organización e preparación de todo o necesario para este día: planificación, decoración, merendola e actividades.
Boas festas!
Explicación
Badaladas
🎵🎵🎵
Me pareceu moi divertido
ResponderEliminarFoi fantastico
ResponderEliminarAlégrome moito de que che gustara. Penso que foi unha idea xenial!.
EliminarFoi moi divertido .A miña parte favorita foi a merenda .E reecontramonos cos compañeiros das outras clases.
ResponderEliminarEncantoume facer esta actividades con todos 🤗foi moi divertido facer as uvas do 2023 👌
ResponderEliminar! Encantoume dar as badaladas !
ResponderEliminarGustoume moito facer estas actividades con todos.Encantoume!👏
ResponderEliminar