FELIZ 2023


Con gran elegancia celebramos hoxe a nosa particular entrada no ano 2023.

Unha vestimenta para a ocasión, uvas da boa sorte, e badaladas en directo foron suficiente para desfrutar unha vez máis dun momento de unión e de compañeirismo entre as clases de 5º de Educación Primaria.

Despedimos, así, o 2022 que tantos grandes momentos nos deu e pedimos ao ano próximo poder compartir máis e máis, e mellores aínda.

Agora xa estades preparadas e preparados para o cambio de ano definitivo. Pero lembrade agardar os catro cuartos antes da primeira badalada...

Agradecemos a todas as compañeiras e compañeiros as ganas postas neste día, á compañeira e ao compañeiro músicos encargados de tocar, e ás profesoras Isabel, Emma e profesor Miguel pola organización e preparación de todo o necesario para este día: planificación, decoración, merendola e actividades.

Boas festas!


Explicación

Badaladas



2022




"2023"



🎵🎵🎵







Comentarios

  1. Me pareceu moi divertido

    ResponderEliminar
  2. Respostas
    1. Alégrome moito de que che gustara. Penso que foi unha idea xenial!.

      Eliminar
  3. Foi moi divertido .A miña parte favorita foi a merenda .E reecontramonos cos compañeiros das outras clases.

    ResponderEliminar
  4. Encantoume facer esta actividades con todos 🤗foi moi divertido facer as uvas do 2023 👌

    ResponderEliminar
  5. ! Encantoume dar as badaladas !

    ResponderEliminar
  6. Gustoume moito facer estas actividades con todos.Encantoume!👏

    ResponderEliminar

Publicar un comentario