RUBIK COMPLETADO


O cubo de Rubik, que orixinariamente se chamou cubo máxico, é un crebacabezas mecánico tridimensional creado polo escultor e profesor de arquitectura húngaro Erno Rubik no ano 1974.

No 1980, o cubo de Rubik foi premiado como o mellor xogo do ano na categoría de crebacabezas.

Ata xaneiro do 2009 levábanse vendidos 350.000.000 de cubos en todo o mundo.

Actualmente, existen variantes deste cubo pero o clásico posúe seis cores (branca, vermella, azul, laranxa, verde e amarela). 

Funciona a partires dun mecanismo de eixes que permite a cada cara xirar de xeito independente mesturándose, así, as cores. 

Para resolver o crebacabezas, cada cara debe volver a quedar dunha soa cor.


En Música calculamos cuartos, metades, partes enteiras... facemos divisións, multiplicacións, sumas e restas, e todo mentalmente. 

Dándolle ao coco esta vez cos cubos de Rubik: nivel 1 (inicial), nivel 2 (intermedio) e nivel 3 (avanzado).

NIVEL 1



  


  





NIVEL 2

  

          

   

     

  







NIVEL 3



      




Como che parece que o fixeron estas e estes cracks?. Podes deixar un comentario coa tua opinión ao final desta entrada.


🎵🎵🎵





























 










































 



Comentarios

  1. Me encanta o cubo de rubik,pero non se facelo moi ben

    ResponderEliminar
  2. O meu tio o sabe facer pero eu nin idea ,ademais agora se ves axente fecelo o fan en 30 segundos.🤔😲😲😲

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois a min nin mi tío nin tata o sabe facer (eu incluido) ¿O alguén da miña familia o sabe facer? (Non teño nin idea)

      Eliminar
  3. EU non seu facer ningun cubo de Rubik pero un neno da miña clase o fai en 20 segundos un crack🎉👏

    ResponderEliminar
  4. Uf!É difícil facelo, malía eu fagoo.

    ResponderEliminar
  5. Non sei como poden facer o cubo 4 por 4

    ResponderEliminar
  6. Creo que é un pouco difícil pero eu fágoo, aínda así custa moito.Guiño.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario