O ENTROIDO EN GALICIA


Coñeces o entroido de Galicia?. Sabes en que consiste?.

Entroido (antroido, entroiro, entruiro ou entrudio nalgunhas zonas) é o nome que recibe en Galicia o carnaval; unha festa popular que se celebra en toda a nosa comunidade autónoma, con especial intensidade na provincia de Ourense, onde o entroido é un dos máis longos e tradicionais de todo o país.

O Entroido de Galicia ten o recoñecemento de Interese Turístico. Ata en nove localidades contan cunha festa de entroido de interese turístico: 

1. O entroido de Xinzo de Limia

2. O entroido de Cobres

3. O entroido de Laza

4. O entroido de Verín

5. O entroido de Felos de Maceda

6. O entroido dos xenerais do Ulla

7. O entroido de Vilariño de Conso

8. O entroido de Viana do Bolo

9. Fulión do entroido de Manzaneda

Mira a referencia destas festas aquí.

En máis de 175 municipios declárase o luns, o martes e o mércores de cinza festivos para a celebración desta festa, e nalgúns a festa pode durar ata un mes.

No entroido da cidade de A Coruña o personaxe protagonista do é o choqueiro e a choqueira.

Choqueiras e choqueiros coruñeses:


Os desfiles do entroido de Galicia sempre están amenizados por comparsas, charangas, orquestras ou folións, que tocan polas rúas das vilas e cidades facendo bailar á veciñanza e a quen ata cada punto viaxa para experimentar a vivencia da celebración dun entroido tan peculiar como o entroido galego.


En A Coruña, no barrio de Montealto, os encargados de poñer toda a marcha ao entroido son os kilomberos e kilomberas.

Kilomberas e kilomberos de Montealto:



PERSONAXES MÁIS DESTACADOS DO ENTROIDO GALEGO:



PERSONAXES DO ENTROIDO DE OURENSE:



MÁSCARAS DO ENTROIDO DE GALICIA:



Se queres saber máis dos personaxes do entroido galego, preme aquí.

Comenta algún aspecto novo que aprendiches con esta información.


Comentarios

  1. Nas fotos que vín ai moitos disfraces moi creativos e orixinais. O entroido gústame moito, pero o que mais gústame, é a comida. ESTA BOÍSIMA¡

    ResponderEliminar
  2. Encántanme as túas entradas Loli :):):):):)

    ResponderEliminar
  3. Encantame o carnaval.Pasoo moi vendo as charangas pola rúa tamén me gustan moito as Orellana e as filloas😋

    ResponderEliminar
  4. Loli, encantame as entradas do blog!!!!!, ista e a miña favorita de todas, o carnaval é xenial e encántame. Gústame moito todos os disfraces e sobre todo, os doces. Saúdoss
    Laura❤❤❤❤❤❤❤❤

    ResponderEliminar
  5. Non sabía que houbera tantas tradicións e tantísimos tipos de entroido en Galicia🥳🥁🎉🪅

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Nomea algún lugar de celebración do entroido dos que se falan na entrada.

      Eliminar
  6. Hai moitísimas tradicións e traxes tradicionais de cada sitio, non sabía que había tantos.
    Son moi orixinales e bonitos!!!!

    ResponderEliminar
  7. Cantas tradicións! e canto fai a música. Que marcha teñen os Kilombeiros, poñen a todos os choqueiros a baliar!

    ResponderEliminar
  8. Que orixinal, encantanme os choqueiros e choqueiras.O carnaval e moi divertido.🙂

    ResponderEliminar

Publicar un comentario