No día de hoxe tivo lugar o concerto do alumnado do grupo 5ºB.
Estes últimos días estiveron agardando por el e a verdade é que saíu xenial, a pesares das pequenas lesións dalgunhas instrumentistas e dalgún pequeno cambio de última hora.
Todas e todos estiveron fantásticos, sobre todo pola xenerosidade de querer compartir cos compañeiros e compañeiras estes momentos de desfrute que implican esforzo na súa preparación.
Hai que agradecerlles o interese e as ganas que puxeron desde o primeiro momento e o respecto e cumprimento das normas nas audicións musicais.
Proba superada!.
Ademais, gustounos contar coa asistencia da súa titora Patricia, que se interesou por escoitar cada unha das actuacións do seu alumnado.
Gracias a todos pola participación e pola colaboración!.
Velaquí os momentos máis relevantes.
Presentadora
Coñezo á maioría deses nenos e nenas, seguro que o fixeron xenial. Paréceme complicado o que están facendo, aínda que a min tamén me gustaría probar a facer un concerto similar na clase.
ResponderEliminarEncantoume facer o concerto de aula na clase de música, moita xente participou e todos o fixeron xenial. estou desexando repetilo o ano que vén!!! (felicidades a todos os outros cursos que tamén fixéstedes concerto, seguro que vos saíu xenial) grazas Loly por crear un pedazo de concerto!!!
ResponderEliminarEncantoume o concerto da clase, xa estou esperando o seguinte!!!
ResponderEliminarLoli para a próxima avísasme! De seguro fixérono xenial!
ResponderEliminarCanta xente interesada quere tocar . QUE BEN!
ResponderEliminarEncantoume tocar no concerto. Foi moi divertido e tamen gustoume escoitar aos outros musicos e aos presentadores, cullos discursos estaban moi ben redactados. Encantariame repetirlo o ano que ben.
ResponderEliminar