NUN MERCADO PERSA - 4º




A historia de Nun mercado persa desenvólvese no Imperio Persa. 
Os mercaderes atravesan o deserto para chegar ao mercado da cidade.

Os personaxes son: os cameleiros, os mercaderes, a princesa, os saltimbanquis, os encantadores de serpes e o sultán.

A obra componse de 10 escenas diferentes:
1. Chegan lentamente os cameleiros
2. Os mendigos piden limosna.
3. Aparece a princesa.
4. Os malabaristas no mercado.
5. Os encantadores de serpes.
6. O paso do sultán polo mercado.
7. Volven as voces dos mendigos.
8. A princesa prepárase para partir.
9. Os cameleiros continúan o seu camiño.
10. El mercado  queda en silencio.



Ola, chámome Ahmed.

O meu pai vende especias: azafrán, cardamomo, canela, comiño...

Ao amencer, os días de mercado axudo á miña familia a preparar os nosos aveños, e logo dirixímonos ao zoco da cidade cruzando o deserto.

Alí, todos os mercaderes montamos os nosos postos ao tempo que cantamos:

Cada día estamos en pé,

do amencer ata o anoitecer.

Teas, cestos e especias tamén. 

Todo o que imaxinas (bis).

A media mañá sempre aparece a princesa Nadima. O seu perfume confúndese co noso posto de especias. Entre teas e tapices debúxase a súa silueta que se mestura coas damas que a acompañan. 

A súa filla Mariam é a miña amiga e sempre xogamos xuntos no posto das alfombras. O vello Rahim contounos que sobre algunhas das súas alfombras se pode voar.

Despois comeza a festa. Os saltimbanquis fan acrobacias na praza. E os encantadores de serpes sacan as súas frautas e deléitannos coas súas melodías. 

De súpeto, as trompetas anuncian a chegada do sultán, o mellor comprador de todos.

Para el entoamos de novo o noso canto:


Pola tarde, a princesa Nadima, as súas damas e a miña amiga Mariam retíranse deixando tras de si un agradable aroma a xasmín. É hora de despedirnos.

Cando o sol comeza a agocharse, cargamos os nosos camelos e emprendemos o camiño de volta á casa antes de que caia a noite.  

Ao deitarme, dúrmome lembrando o olor das especias, as cores das teas e as alfombras máxicas do vello Rahim. 


Vista xeral do mercado persa:


Vista xeral dun mercado persa:

Comentarios

  1. Eu cando iba en cuarto tamén fixemos a actividades do mercado persa e, ahora que vou en sexto, a boto de menos!!! 🐪🐫🧺

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois tes voa mente vo tamen non acordarse de o mercado persa esta moi mal porque e a mexor cancion do mundo enteiro

      Eliminar
  2. A canción 🎧 nun mercado persa e moi divertida 😁 e moi e ten moito ritmo 🎵 🪘🪕🎻🎻🪈🎺🎺🎷🎼🎹🪗🥁🎸🎧.CANDO A TOCAMOS EN CLASE ME RECUERDA A UNA ORQUESTA🐪🐫🐪🐫🏺

    ResponderEliminar
  3. Un mercado persa e moi boa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Es que e a mexor cancion cancion do mundo

      Eliminar
  4. Eu a recordo de cando iba en cuarto😊

    ResponderEliminar
  5. A canción “nun mercado persa”póñeme moi contenta e ademáis reláxame.🎶🙈❤️😁🐫

    ResponderEliminar
  6. A historia do mercado persa e moi divertida 😁 .

    ResponderEliminar
  7. Loli, cal é a clave para entrar en classdojo

    ResponderEliminar
  8. Viva o mercado persa e loly

    ResponderEliminar
  9. Hola, a min gustariame ser presentador no concerto.
    Ahh, ecantame este tema, porque me gusta moito a historia.

    ResponderEliminar
  10. Entretiene mucho escuchar la canción del mercado persa y también es muy divertido leer su historia.

    ResponderEliminar
  11. Encantame descubrir cousas novas,como por exemplo os mercados persa.

    ResponderEliminar
  12. Mira ti por donde, non pensaba que un mercado persa fose tan grande.

    ResponderEliminar
  13. Me encantou nunca mercado persa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!¡!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario