XOGANDO EN 3º

Seguimos reforzando a aprendizaxe dos instrumentos, sobre todo os clásicos, que son cos que máis se confunden, concretamente os que pertencen á mesma familia.

O alumnado de 3ºA e de 3ºB xogou por grupos e, ao tempo por parellas, contando tamén cun árbitro para decisións obxectivas.

Con partidas longas e emocionantes, obtiveron resultados uns de empate e outros de vencedores.










Ademais, hoxe foi o día no que o compañeiro pianista nos deleitou cun fragmento dunha peza de jazz moi ben tocada. Recibiu moitos eloxios polo traballo que hai detrás desta interpretación.




Comentarios

Publicar un comentario