Practica a LECTURA DE NOTAS

Practica la LECTURA DE NOTAS
Práctica, juego, reto y oído de LAS NOTAS
¿Sabes todas LAS NOTAS?

SIGNOS DE PROLONGACIÓN_5º

O PUNTO (repaso)

O punto é un signo musical de prolongación que se sitúa á dereita dunha figura ou dun silencio para aumentar a súa duración a metade do valor da figura ou do silencio que o leva. 


 A LIGADURA DE UNIÓN

A ligadura de unión é un signo musical de prolongación que, ao situarse en notas co mesmo son, prolonga a duración desas notas sumando os seus valores. Lemos a primeira nota e alongámola todo o tempo que dura a ligadura de unión.

Lectura 1


Lectura 2


Lectura 3

Lectura con corchea e silencio de corchea


O CALDEIRÓN

O caldeirón é un signo musical de prolongación que, ao situarse sobre unha figura ou silencio, suspende temporalmente o pulso da música e prolonga a duración desa figura ou silencio tanto como se desexe. 



A NOTA RE AGUDA (re´). Repaso.

A nota re´ atópase na cuarta liña do pentagrama. Obsérvaa e practica o re´con punto nas seguintes lecturas:


Lectura con re´con punto, ligadura de unión e caldeirón

 


CONCURSO DE PREGUNTAS EN 6º



Hoxe despedímonos do segundo trimestre deste curso cun concurso de preguntas no que entrou todo o que levamos aprendido desde setembro.

Os que máis contidos lembraron foron os gañadores do primeiro, do segundo e do terceiro posto, e recibiron cadansúa recompensa.

Lembrade repasar porque en calquera momento pode caer outra actividade deste tipo.



2º TRIMESTRE 6º

                  

                           A BATERÍA              PRÁCTICA DA BATERÍA          BAILE



                                                                    O RAP







REPASO LECTURA DE NOTAS _ 5º







TRIMESTRES 6º

O BLUES

O blues é un estilo musical que naceu nos Estados Unidos de América durante o século XIX, coas cancións que a xente escrava procedente do oeste de África interpretaba para facer máis amenas as duras xornadas de traballo no campo.

Historia do blues. As súas orixes



Canto de traballo




Practica: 


A RADIO

A radio é un medio de comunicación que naceu a finais do século XIX, pero que empezou a funcionar de maneira regular na década de 1920. 

Coa chegada de internet, algunhas emisoras pasaron a emitir pola rede e moitas ofrecen servizos de radio "á carta" que permiten seleccionar os contidos e descargalos en arquivos chamados podcasts.

Nos programas de radio empréganse diferentes recursos sonoros: 

. Sintonía: é a música que identifica un programa e que soa ao comezo e ao final deste.

. Cortina: é música de curta duración que separa as diferentes seccións dentro dun mesmo programa.

. Indicativo ou golpe de efecto: son efectos sonoros que chaman a atención do oínte e reforzan ou intensifican o momento de falar.

ESCOITA A RADIO AQUÍ

E AQUÍ.


A NOTA MI´

A nota mi agudo (mi´) colócase no cuarto espazo do pentagrama.




COMPÁS 6/8

O compás de 6/8 consta de 6 corcheas repartidas en dous tempos musicais. Polo tanto, cada tempo ten tres corcheas. Así, o 6/8 é un compás binario (porque ten dous tempos) e de subdvisión ternaria (porque cada tempo se subdivide en tres partes). 

A figura de tempo é a negra con punto e a figura de compás a branca con punto.

O primeiro tempo do compás é forte e o segundo débil. Márcase o primeiro abaixo e o segundo arriba.

Ritmo en 6/8



Escritura 6/8


Frase melódica en 6/8


Como ves, o primeiro tempo do primeiro compás ocúpano as tres corcheas mi fa sol e o segundo tempo outras tres, fa mi re. No segundo compás emprégase, en cambio, unha negra con punto (que equivale a tres corcheas) para rechear o segundo tempo.

Escoita como sona unha melodía en compás de 6/8:




 LECTURAS RÍTMICAS CON BAQUETAS

(lembra alternar as mans e rebotar logo de cada toque)

1


2

3

4

5

6

7

8

LOS PICAPIEDRA 



Primeira parte

SOL DO DO´ LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE MI

SOL DO DO´LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE DO

Segunda parte

SI MI DO´SI SI LA LA SI LA

LA RE SI LA LA SOL SOL LA SOL 

Parte final

SOL DO DO´LA SOL DO

SOL FA MI MI FA SOL DO RE

MI FA SOL DO RE

MI FA SOL DO´RE´DO



CREACIÓN DE RITMOS



A MÚSICA ELECTRÓNICA

A música electrónica xurdiu a finais do século XIX en Europa. Durante o século XX estendeuse á música popular, e deu lugar a estilos como o house, o dance, o tecno ou o trance.
é un tipo de música creada por medio do uso de diferentes instrumentos electrónicos que inclúen os sintetizadores, empregadores ou ordenadores. Unha música relacionada coa innovación tecnolóxica.

          Caracterízase principalmente por:
  • Producir sons utilizando aparellos electrónicos como o  sintetizador, o sampler ou ordenadores.
  • Utilizar instrumentos musicais electrónicos e tecnoloxía.
  • Permitir incluir modificacións de voz e ritmos de fondo.
Os instrumentos electrófonos utilizan a electricidade para emitir ou modificar o son. Poden ser de dous tipos: 
- Os que producen o son de maneira convencional pero que o amplifican grazas á enerxía eléctrica, como a guitarra eléctrica ou o baixo eléctrico.



- Os que xeran o son grazas á electricidade, como o sintetizador, un instrumento capaz de crear novos timbres, modificar o timbre dos instrumentos coñecidos e incluso mesturalos.

Dentro dos instrumentos electrónicos podemos mencionar os seguintes:

  • O teclado (tamén chamado órgano eléctrico)
  • Guitarra eléctrica
  • Baixo eléctrico
  • Batería eléctrica
    E máquinas como:
  • Tornamesa (utilizada por los DJ’s)
  • Caixa de ritmos
  • Ordenador 

Outros instrumentos adaptáronse para funcionar como un instrumento eléctrico, como o saxofón eléctrico e a trompeta eléctrica.



COMENTARIO DE PARTITURA

Para comentar unha partitura imos redactando cada paso dos que se indican a continuación, describindo coas nosas palabras o que sabemos dos diferentes elementos que aparecen.

1º Tipo de compás: Esta partitura/este fragmento musical, esta melodía... está nun compás de 2/4, 3/4, 4/4, 6/8...

2º Número de compases (contando as repeticións): Ten tantos compases.

3º Figuras: a figura de menor duración é... e a de maior duración é...

4º Notas: a nota máis grave é .... e a máis aguda é....

5º Tempo: Débese interpretar allegro, andante, moderato...

6º Intensidade: a música comeza piano e no cuarto compás cambia a forte. Finalmente, volve a sonar piano ata o final.

Podes practicar comentando os seguintes fragmentos musicais:

1

2








A ORQUESTRA. PERCUSIÓN

A sección de percusión na orquestra é variable e depende de cada obra.

Algúns dos instrumentos máis frecuentes son: CAIXA, TIMBAIS, TRIÁNGULO, MARIMBA, PRATO, BOMBO, CAMPÁS TUBULARES, GONG.


SIGNOS DE REPETICIÓN

Ademais dos signos que xa coñeces, existen outras formas de indicar repeticións da música nas partituras:

• Da Capo («desde a cabeza» en italiano) indica que a música se repite desde o principio.

• Da Capo al Fine («desde a cabeza ata a fin» en italiano) utilízase para repetir a música desde o principio ata onde se encontra a palabra Fine.


AS ALTERACIÓNS


As alteracións son signos que modifican a altura da nota que as leva (fana soar máis aguda ou máis grave) ou déixana como estaba. Aumentan ou diminúen 1 semitón.

- Díese/Sostenido (#). Altera un semitón ascendente a altura da nota que a leva.

- Bemol (♭) . Altera un semitón descendente a altura da nota que o leva.

- Becadro (♮) . Anula o efecto da díese e do bemol. É dicir, se unha nota ten díese ou bemol, e despois aparece con becadro, a nota é natural; ou sexa, como se non levase nada. Unha nota con becadro é igual a unha nota non alterada.

No piano as teclas brancas pertencen a notas naturais e entre elas hay un ton. As teclas negras pertenen a notas alteradas; dunha negra a unha branca hai un semitón. Entre o conxunto de notas das teclas brancas e as das teclas negras obtemos moita máis variedade de sons.

As alteracións poden ser:

- Propias: Cando están na armadura da partitura (entre a clave e o indicador do compás). IMPORTANTE: Estas alteracións afectan ás notas que as levan ao longo de toda a peza. - Accidentais: Cando están colocadas nas notas de maneira individual. Afectan a esa nota ao longo de todo o compás. - De precaución: Van entre parénteses para lembrar que a nova situación da nota.

Como podes ver, no 3º compás hai un fa# e no 4º a alteración de precaución lémbranos que o fa xa non está alterado.

Aquí vemos que na armadura hai un si bemol e no 3º compás un bemol que nos indica que ese si segue sendo bemol.

A díese e o bemol tamén se poden indicar ao comezo do pentagrama; nese caso afecta a todas as notas do mesmo nome que haxa na partitura.