O rap xurdiu nos Estados Unidos na metade do século XX.
Trátase dun estilo musical que adoita asociarse co pobo estadounidense de raza negra aínda que, na actualidade, traspasa fronteiras e chega a moitas culturas.
O rap e un recitado rítmico de letras. Estas letras non se cantan, senón que se recitan con expresividade vocal; é dicir, ao dicilas non se entona unha melodía ascendente nin descendente, trátase de medio falar vocalizando as palabras e articulando cada vocal perfectamente ao tempo que se pon máis forza de voz naquelas palabras ou frases que se queren destacar e que, ademais, riman entre si.
Normalmente, o rap caracterízase por recitar letras reivindicativas; isto é, letras que buscan dar a coñecer unha situación problemática para que chegue á xente e entre todas e todos concienciarnos de esa situación e intentar que a xente actúe para buscar unha solución.
Por exemplo. letras que falan de desigualdade, do acoso, da violencia... así entre xuntos e por medio da música podemos intentar parar esas situacións.
O rap apóiase nunha melodía de fondo que se denomina beat, que é a encargada de marcar o ritmo sobre o cal se rapea.
Dous exemplos de beat son:
Beat 1
Beat 2
A interpretación do rap conta, ademais, coa expresividade corporal axudándose cos brazos ou agachando o corpo e dobrando os xeonllos, coa intención de engadir máis expresividade á letra e máis sentimento á interpretación.
A acción de interpretar un rap coñécese como rapear e os intérpretes chámanse raperas e raperos.
A vestimenta é con roupa ampla, máis grande da talla habitual da persoa, zapatillas de deporte, gorra con viseira cara adiante ou cara atrás, gafas de sol e grandes abalorios como cadeas, aneis ou pulseiras.
O rap relaciónase co hip-hop porque moitos bailes deste estilo inclúen letras rapeadas.
Algúns raperos e raperas de recoñecemento son:
-Aid (Galicia)"Nací en 1990 en Vigo, España. Empecé a componer canciones cuando era pequeña y a los doce años descubrí la música hip hop. Después de grabar varias canciones a solas en un radio cassette, un amigo las descubrió y las publicó en internet. Desde entonces, mi vida ha estado llena de inolvidables momentos con la música".
Rapea por Galicia - Aid
-El Langui. É español e líder do grupo “La Excepción”, un grupo de referencia para os amantes del rap. Conta con cinco álbumes no mercado, catro co grupo e un en solitario, e gañou un Premio Goya pola canción “El truco del manco”.
Rapea contra o acoso - El Langui
-Nas. É norteamericano e está considerado un dos mellores cantantes e compositores de rap grazas a piezas como “Made you look” ou “I Can”.
Todas e todos somos capaces - Nas
La vida es bella- ARCANO
Guillermo Rodríguez Godínez, máis coñecido como Arkano, é un rapero español.
En 2009 gañou a súa primeira competición nacional de rap, con só quince anos.
É coñecido por ser un dos mellores raperos de España na categoría de freestyle (estilo libre) e por ser a persoa con menor idade que gañou unha final nacional.






