A SÍNCOPE
Un síncope (una síncopa en castelán) é a prolongación dun son que comeza nun tempo ou parte débil deica un tempo ou parte forte, rompendo coa sensación de ritmo estable:
Síncope por punto: Formada por unha nota con punto.
Síncope por ligadura: Formada por dúas notas ligadas.
Síncope por valor: Formada por unha soa figura.
Síncope regular: Formada por dúas figuras da mesma duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por dúas negras ligadas é regular. Tamén un síncope formado por unha branca é regular porque se pode dividir en dúas figuras da mesma duración (dúas negras).
Síncope irregular: Une dúas notas de diferente duración ou que se pode dividir nelas. Por exemplo, un síncope formado por unha negra e unha branca ligadas é irregular. Tamén un síncope formado por unha negra con punto é irregular porque se pode dividir en dúas figuras diferente duración (unha negra e unha corchea).
Escoita a sensación rítmica producida polos síncopes
Ningún comentario: