O COMPÁS DE 6/8 _ 6º


 O COMPÁS DE 6/8

O compás de 6/8 consta de 6 corcheas repartidas en dous tempos musicais. Polo tanto, cada tempo ten tres corcheas. Así, o 6/8 é un compás binario (porque ten dous tempos) e de subdvisión ternaria (porque cada tempo se subdivide en tres partes). 

A figura de tempo é a negra con punto e a figura de compás a branca con punto.

O primeiro tempo do compás é forte e o segundo débil. Márcase o primeiro abaixo e o segundo arriba.

Ritmo en 6/8



Frase melódica en 6/8


Como ves, o primeiro tempo do primeiro compás ocúpano as tres corcheas mi fa sol e o segundo tempo outras tres, fa mi re. No segundo compás emprégase, en cambio, unha negra con punto (que equivale a tres corcheas) para rechear o segundo tempo.

Escoita como sona unha melodía en compás de 6/8:


Practica tocando en 6/8:


Escritura en 6/8:



Practica a subdivisión do 6/8:







Comentarios