As danzas modernas naceron a comezos do século XX en Estados Unidos principalmente, aínda que tamén en Europa, para que houbera outros tipos de baile ademais do ballet.
As coreografías de danzas modernas teñen unha clara base técnica da danza clásica ou ballet combinada cunha técnica propia de cada estilo de danza moderna.
O bailarín ou bailarina recrea os movementos empregando as súas emocións, estados de ánimo e as súas ideas. Balancea o seu corpo con caídas ao chan e saltos. Realiza movementos libres e naturais do corpo, amplos e con flexibilidade. Isto coordínano cunha boa técnica de respiración.
Na danza moderna báilase case sempre descalzo ou cun calzado que se pegue ben aos pés como se non se levase nada posto neles.
Outros bailes modernos son os bailes urbáns, que xorden na rúa e a maioría desenvólvense con movementos improvisados; é dicir, creados no mesmo momento de bailar.
A continuación vemos coreografías de danzas modernas (jazz e contemporánea) e de bailes modernos (hip hop, funky, break dance...).
Danzas modernas
Danza Contemporánea
Trata de expresar unha idea, sentimiento, emoción cunha mestura de movementos corporais modernos e con bastante técnica. Este tipo de baile nace a finais do século XIX con bailaríns e bailarinas descalzos realizando saltos menos ríxidos que os del baile clásico ou ballet.
Baile Jazz
Ten un gran contido clásico, pero unha parte da técnica clásica substitúese por algo de acrobacia para a que se precisa moita flexibilidade. Tamén traballa os saltos e a prolongación dos movementos e a liña do corpo. Nace en Estados Unidos a comezos do século XX como baile popular e continúa en espectáculos de teatros, televisións e cine.
Bailes modernos urbanos
Funky
Nace nas rúas de Nova York nos anos 60. Os seus ritmos son moi marcados e acentuados, con moita enerxía, equilibrio, expresividade e movmentos moi acompasados nun ritmo rápido e partindo do corpo ríxido.
Hip hop
Baile da rúa que permite realizar todos os movementos que se nos ocorran co corpo o máis solto posible. A música é menos rápida que no funky e máis rapeada.
Break dance
Trabállanse movimientos do tronco e de toda a parte superior do corpo, dos pés, movementos fortes e movementos conxelados nos que se para o corpo nunha postura determinada.
Que danza ou baile moderno che gusta máis e por que?. Deixa o teu comentario ao final da entrada.
O meu favorito é break dance, eses movementos conxelados e fortes apasionanme.É xenial.
ResponderEliminarÉ increíble todos os tipos de danzas que hai. Agora danme ganas de aprenderlas todas!!😊
ResponderEliminarTodos os tipos de danzas e bailes parecen moi difíciles de facer,e debe ser dificil sincronizar todos os movementos cos da otra persona no caso do hip hop🕺💃💙❤️
ResponderEliminar