EM 3 3º

REPASO DA NOTA SI

A nota SI colócase na 3ª liña do pentagrama.

Le coas notas que xa sabes e di SI cada vez que vexas unha nota na 3ª liña. Lembra respectar as duracións das figuras e dos silencios.

Mi, fa, sol, la si redondas

Mi, fa, sol, la, si brancas
Mi, fa, sol, la, si negras
Mi, fa, sol, la, si brancas, negras e silencios
Mi, fa, sol, la, si redondas, brancas, negras, silencios e parellas de corcheas


A IMPORTANCIA DO SILENCIO

O silencio é a ausencia de son. É parte indispensable da música e está presente en calquera composición musical.
O silencio facilita a memoria, a aprendizaxe e, en xeral, ten efectos moi positivos sobre nós e o noso contorno.
Hai moito tempo, un sabio chamado Pitágoras dixo: "Escoita e serás sabio, porque o comezo da sabedoría é o silencio".
A seguinte canción de Jorge Drexler trata sobre o silencio. Nela, ademais, a música para en seco facendo unha pausa clara de silencio.



A NOTA RE

A nota re sitúase no espazo inferior do pentagrama. Observa e practica:

Lectura 1


Lectura 2


Lectura 3


Lectura 4



UNÍSONO E CANON

As persoas que cantan ao mesmo tempo a mesma melodía dunha canción están cantando ao unísono. Fanno todos e todas xuntas como se fosen unha soa persoa pero o son é máis grandioso por tratarse dun conxunto de persoas. Mira un exemplo:


As persoas que cantan a mesma melodía pero en momentos diferentes están cantando en canon; é dicir, unha ou varias persoas comezan a cantar e sen que paren de cantar comeza a cantar outra persoa ou grupo de persoas. Cada un debe saber moi ben o que ten que cantar e intentar non perdese mentres o outro grupo está facendo o seu momento da melodía. O que comeza de primeiro acaba de primeiro e así os demais, rematando no mesmo orde no que comezan. Fíxate:


Lembra que sempre que se cante o mesmo e á mesma vez, faise ao unísono e que sempre que se cante o mesmo en momentos diferentes, faise en canon.

 A INTENSIDADE

intensidade na música fai referencia ao forte ou suave que sonan os sons. Existen diferentes palabras italianas para indicar que os sons se cantan ou se tocan cunha intensidade determinada, máis ou menos forte ou máis ou menos suave. Son os matices. Nas partituras aparecen só as abreviaturas dos matices e aparecen debaixo do pentagrama. Son as seguintes: 


CANTAMOS CANCIÓNS POPULARES GALEGAS

A RIANXEIRA

 

GALICIA TERRA MEIGA

  

Pedro e o lobo (Prokófiev)


   

O valse das flores (Tchaikovsky)

"O valse das flores" é unha peza musical dentro do ballet "O crebanoces". Tchaikovsky é considerado o máis grande compositor de música de ballet do século XIX.



OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN. CLASIFICACIÓN.




Sinfonía do novo mundo (Dvorák)

Un musicograma é a representación da música a través de debuxos.


Antonin Dvorák é o compositor da obra "Sinfonía do Novo Mundo". Compúxoa no ano 1893 durante o tempo que viviu nos Estados Unidos de América.
Intenta recoñecer auditivamente algúns dos instrumentos que sonan:

 

Comentarios