O ROCK AND ROLL _ 5º

 O ROCK & ROLL



rock&roll é un estilo musical que xurdiu nos Estados Unidos de América na década de 1950. Trátase de ritmos marcados e derivados da música folclórica estadounidense. Rapidamente difundiuse por todo o mundo e evolucionou cara unha gran variedade de estilos.

O rock&roll caracterízase polo uso de instrumentos electrófonos, como a guitarra eléctrica e o baixo eléctrico, e polo marcado carácter rítmico que achega a batería.
                             

A BATERÍA

batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista. 

É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.


A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.


A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son: 

Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe).


Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete.

Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico.

Pratos: dous discos metálicos que se golpean con baquetas e vasoiriñas (imaxe)

Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal.


Batería acústica



Escoita como sona cada un dos elementos: 


Baterista solista



Batería electrónica


ACTIVIDADEPractica completando os elementos da batería.




Elvis Presley foi un cantante moi destacado e os grupos máis influíntes foron The BeatlesQueenLed Zeppelin e The Rolling Stones.
Preme na imaxe para coñecer aspectos da biografía de Elvis Presley e escoitar a súa música.



As orixes musicais do rock and roll son a música bluescountryhillbilly, R&B, jazz e gospel. O rock&roll ten moitos subxéneros musicais. 


Comentarios

  1. Agora que xa sei máis sobre o Rock and Roll, encántame a batería!!

    ResponderEliminar
  2. Hola, el otro día los ritmos me gustaron mucho aunque me costaron un poco.

    ResponderEliminar
  3. Encántame visitar este blog, está cheo de cousas para aprender

    ResponderEliminar
  4. Hola,o primeiro día que hablasme de batería e rock and roll non quería ver nada,pero aunque a música de rock and roll non me encante,tocar a batería si

    ResponderEliminar
  5. A música rock non é a miña favorita, pero nas clases descubrín moitas cousas interesantes.

    ResponderEliminar
  6. O rockyroll pareciame moi difícil pero, agora que sei meparece mais fácil.

    ResponderEliminar
  7. Gústame moito o rock e tamén gustoume a biografía de Elvis

    ResponderEliminar
  8. Encantaronme as actividades e os exercicios,agora xa xei todas as partes da bateria!🥁🎵🎶❤️

    ResponderEliminar
  9. Encantoume a biografia de Elvis e as súas cancións.

    ResponderEliminar
  10. Hola,estou nervioso para o examen pero se estudo me será moi facil .



























































    ResponderEliminar

Publicar un comentario