O ROCK & ROLL
O rock&roll é un estilo musical que xurdiu nos Estados Unidos de América na década de 1950. Trátase de ritmos marcados e derivados da música folclórica estadounidense. Rapidamente difundiuse por todo o mundo e evolucionou cara unha gran variedade de estilos.
O rock&roll caracterízase polo uso de instrumentos electrófonos, como a guitarra eléctrica e o baixo eléctrico, e polo marcado carácter rítmico que achega a batería.
A BATERÍA
A batería é un conxunto de instrumentos de percusión de altura indeterminada tocados por un só músico: o ou a baterista.
É un instrumento indispensable para varias agrupacións, especialmente para a música pop, o blues, o jazz, o rock ou o heavy metal.
A súa función é marcar o ritmo e os tempos da melodía, aínda que co tempo foi evolucionando cobrando o seu propio protagonismo dentro de moitas bandas de rock, chegando a ser instrumento solista.
A batería está composta por distintos elementos que se tocan con baquetas e pedais. Estes elementos son:
. Bombo: gran tambor de son grave que se golpea cun mazo accionado por un pedal (imaxe).
. Toms: dous ou tres tambores de diferentes tamaños situados aos lados do intérprete.
. Caixa ou redobrante: pequeno tambor cunha tira metálica na parte inferior que lle dá un son característico.
. Pratos: dous discos metálicos que se golpean con baquetas e vasoiriñas (imaxe)
. Charles/ hit-hat: dous pratos que se chocan entre si accionados por un pedal.
Batería acústica
Escoita como sona cada un dos elementos:
Baterista solista
Batería electrónica
ACTIVIDADE: Practica completando os elementos da batería.
ACTIVIDADE: Que elemento está sonando?.
Elvis Presley foi un cantante moi destacado e os grupos máis influíntes foron The Beatles, Queen, Led Zeppelin e The Rolling Stones.
Agora que xa sei máis sobre o Rock and Roll, encántame a batería!!
ResponderEliminarHola, el otro día los ritmos me gustaron mucho aunque me costaron un poco.
ResponderEliminarEncántame visitar este blog, está cheo de cousas para aprender
ResponderEliminarHola,o primeiro día que hablasme de batería e rock and roll non quería ver nada,pero aunque a música de rock and roll non me encante,tocar a batería si
ResponderEliminarA música rock non é a miña favorita, pero nas clases descubrín moitas cousas interesantes.
ResponderEliminarO rockyroll pareciame moi difícil pero, agora que sei meparece mais fácil.
ResponderEliminarGústame moito o rock e tamén gustoume a biografía de Elvis
ResponderEliminarEncantaronme as actividades e os exercicios,agora xa xei todas as partes da bateria!🥁🎵🎶❤️
ResponderEliminarEncantoume a biografia de Elvis e as súas cancións.
ResponderEliminarHola,estou nervioso para o examen pero se estudo me será moi facil .
ResponderEliminar