CONCERTO EN 4º


No día de hoxe os grupos de 4ºA e 4ºB levaron a cabo un concerto de aula en conxunto.

Cada quen preparou a conciencia o seu papel. As presentadoras, presentadores e azafatas ou azafatos de concertos, e as e os instrumentistas. Todos con ganas de amosar como van mellorando pouco a pouco.

Este día é moi agardado cada curso. A gran ilusión por compartir e aprender cos compañeiros e compañeiras, así como a implicación cos ensaios nos días previos, culminaron cunha gran satisfacción polos bos resultados e os aplausos do público, que quedou encantado con cada unha das actuacións que con tanto cariño prepararon estes pequenos grandes artistas.

Agradecemos a todos o traballo, e a Mónica, titora de 4ºA quen, con moito interese, se preocupou por poder asistir para coñecer esta faceta artística do seu alumnado.

A por moitos concertos máis!!!.

                                         

Aula preparada





Momentos do concerto


































Comentarios

  1. Paréceme xenial que os nenos estean disfrutando coa música.

    ResponderEliminar
  2. Foi un día para disfrutar da música 🎶

    ResponderEliminar

Publicar un comentario