f O RAP_6º - Música Vitamínica

Imaxes de tema de kelvinjay. Con tecnoloxía de Blogger.

 



O rap xurdiu nos Estados Unidos na metade do século XX. 

Trátase dun estilo musical que adoita asociarse co pobo estadounidense de raza negra aínda que, na actualidade, traspasa fronteiras e chega a moitas culturas.

O rap e un recitado rítmico de letras. Estas letras non se cantan, senón que se recitan con expresividade vocal; é dicir, ao dicilas non se entona unha melodía ascendente nin descendente, trátase de medio falar vocalizando as palabras e articulando cada vocal perfectamente ao tempo que se pon máis forza de voz naquelas palabras ou frases que se queren destacar e que, ademais, riman entre si.

Normalmente, o rap caracterízase por recitar letras reivindicativas; isto é, letras que buscan dar a coñecer unha situación problemática para que chegue á xente e entre todas e todos concienciarnos de esa situación e intentar que a xente actúe para buscar unha solución.
Por exemplo. letras que falan de desigualdade, do acoso, da violencia... así entre xuntos e por medio da música podemos intentar parar esas situacións.

O rap apóiase nunha melodía de fondo que se denomina beat, que é a encargada de marcar o ritmo sobre o cal se rapea.

Dous exemplos de beat son:

Beat 1



Beat 2


A interpretación do rap conta, ademais, coa expresividade corporal axudándose cos brazos ou agachando o corpo e dobrando os xeonllos, coa intención de engadir máis expresividade á letra e máis sentimento á interpretación.

A acción de interpretar un rap coñécese como rapear e os intérpretes chámanse raperas e raperos.

A vestimenta é con roupa ampla, máis grande da talla habitual da persoa, zapatillas de deporte, gorra con viseira cara adiante ou cara atrás, gafas de sol e grandes abalorios como cadeas, aneis ou pulseiras.

O rap relaciónase co hip-hop porque moitos bailes deste estilo inclúen letras rapeadas.

Algúns raperos e raperas de recoñecemento son:


-Aid (Galicia)"Nací en 1990 en Vigo, España. Empecé a componer canciones cuando era pequeña y a los doce años descubrí la música hip hop. Después de grabar varias canciones a solas en un radio cassette, un amigo las descubrió y las publicó en internet. Desde entonces, mi vida ha estado llena de inolvidables momentos con la música". 

Rapea por Galicia - Aid


-El Langui. É español e líder do grupo “La Excepción”, un grupo de referencia para os amantes del rap. Conta con cinco álbumes no mercado, catro co grupo e un en solitario, e gañou un Premio Goya pola canción “El truco del manco”.

Rapea contra o acoso - El Langui

-Nas. É norteamericano e está considerado un dos mellores cantantes e compositores de rap grazas a piezas como “Made you look” ou “I Can”.
Todas e todos somos capaces - Nas

La vida es bella- ARCANO
Guillermo Rodríguez Godínez, máis coñecido como Arkano, é un rapero español. 
En 2009 gañou a súa primeira competición nacional de rap, con só quince anos.
É coñecido por ser un dos mellores raperos de España na categoría de freestyle (estilo libre) e por ser a persoa con menor idade que gañou unha final nacional.



12 Reviews:

  1. O rap mola moito ,aunque é un pouco difícil.

    ResponderEliminar
  2. Non me esperaba rapear no segundo trimestre. Se é acompañado por baile eu rindome.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu tamén, xa é dificil bailar en si, e acompañado cun rap...

      Eliminar
  3. Rapear é máis difícil do que parece pero haberá que intentalo.

    ResponderEliminar
  4. Me gusta mucho la canción Se buscan valientes de Langui.

    ResponderEliminar
  5. Gustame o rap pero prefiro a regueifa 🎵🎶

    ResponderEliminar
  6. LOLI cuando vamos a empeza o rap

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Lee la entrada y escucha a los cantantes durante esta Semana Santa.

      Eliminar
  7. Loli faiseme raro escoitar rap Galego. Soame distinto.
    (Cambiando de tema)Teño moitas ganas de facer a regueifa.

    ResponderEliminar
  8. A meu rap favorito é o de lagui "se buscan valentes" e moi chula 💗🫶🏻

    ResponderEliminar
  9. Tiñas que poñer a canción dance crip ou unha de bad bunny

    ResponderEliminar