PRÓXIMOS EVENTOS MUSICAIS EN A CORUÑA

REGUEIFAMOS EN 2º, 3º, 4º E 6º


Desde a área de Música e Danza colaboramos tamén coas actividades propostas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, pois estamos a prol da nosa lingua en todas as súas versións.

As titoras e titor dos grupos 2ºA, 2ºB, 3ºC, 4ºA, 6ºA e 6ºC quixeron que o seu alumnado participara nesta experiencia de actividade cultural conxunta que contribúe a desenvolvelos competencialmente máis e mellor.

Estes días aprenderon que son as regueifas, coñeceron as súas partes e características principais e traballaron vocalmente a entonación da melodía asimilando recursos básicos de técnica vocal.

A actividade consistiu en crear unha pequena regueifa coa lingua galega como temática para, finalmente, interpretala en coro aplicando as nocións aprendidas.

Pasárono moi ben durante o proceso e, ao mesmo tempo, tomárono moi en serio para conseguir un resultado que lles gustara. 

Escoitémola:

Regueifa "Que viva a nosa lingua"

Copla 1: 3ºC e 4ºA; copla 2: 2ºA e 2ºB; copla 3: 6ºA e 6ºC.


Grazas ás titoras e titor por apuntalos para participar nesta actividade grupal entre os diferentes cursos!.




Comentarios

  1. Os de cuarto non foron ao ritmo da música pero encántame como cantamos.MOLOU UN MONTÓN 😎

    ResponderEliminar
  2. Ao final escoitouse mais a voz de un neno (⁠.⁠ ⁠❛⁠ ⁠ᴗ⁠ ⁠❛⁠.⁠)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario