IMOS DE FESTA 2º, 3º, 4º E 6º

Coa regueifa "Que viva a nosa lingua" os grupos de 2ºA, 2ºB, 3ºC, 4ºA, 6ºA e 6ºC participaron nun concurso cultural co que optaban ao premio dunha experiencia de convivencia con festa nun lugar da contorna da nosa cidade.

Finalmente conseguiron a experiencia, a cal se levará a cabo o venres 3 de maio na Torre de Hércules e consistirá nunha xuntanza de varios centros nunha xornada que contará cun acto cultural central, unha andaina con itinerario en grupo, diferentes actividades lúdicas e recreativas e como peche dese día, unha festa musical espectacular da man do grupo Mekanika Rolling Band.

Cantaremos e bailaremos con eles e desfrutaremos de cada momento desta xornada, unha gran oportunidade para compartir, socializar e desenvolverse musicalmente máis e mellor e, por suposto, todo en lingua galega!. Non se pode pedir máis.

Estamos moi contentos de ter contribuído coa nosa aportación ao fomento do galego a través do programa Correlingua e tamén agradecidos pola valoración do traballo realizado!.


Canción "Miña nai"



Comentarios

  1. Encantóume cantar esa preciosa canción compostaje polar mellor profe do mundo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si,a min tamen encantoume cantar esa canción.

      Eliminar
  2. Gústame cantar en grúpo, pero eu só non, soa moi raro...

    ResponderEliminar
  3. Encantoume cantar esa regueifa(QUE VIVA A NOSA LINGUA!)

    ResponderEliminar
  4. Que ganas que chegue o día, estou intentando aprenderme a canción.

    ResponderEliminar
  5. Tengo moitas ganas de ir a esa festa !!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario