Lectura con punto
CANTAMOS CANCIÓNS POPULARES GALEGAS
Se chove- Treixadura
Aí vén o vento do mare,
aí vén o vento mareiro,
aí vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro.
Se chove, deixa chovere,
se orballa, deixa orballare,
por máis que chove e vente
de non me hei de apartare.
Pasei pola ponte abaixo,
vin saltar unha sardiña,
mariñeiros, ide ao mare
e botádelle a traíña!
Se chove, deixa chovere, ...
Indo polo mar abaixo
perdín a miña navalla,
rema mariñeiro, rema,
que alá no mar me quedaba.
Se chove, deixa chovere, ...
O que navega de noite
ha tropezar nos penedos,
eu que ando polo día
tropezo nos teus enredos.
O aradiño- Fuxan os ventos
Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pau.
Un aradiño de pau. (Bis)
Leva timón e chavella
E unha rella furadora
Feita cunha lata vella.
Feita cunha lata vella. (Bis)
Ten orelleira, rabela
Tan luída e rematada
Que namora mirar pra ela.
Que namora mirar pra ela. (Bis)
O meu arado e tan feito
Que pode incluso esfender
Labradíos a barbeito
Labradíos a barbeito. (Bis)
Teño xa que darlle éstreno
Ó meu arado arador,
Ó meu arado pequeno
Ó meu arado pequeno. (Bis)
E non sei ónde hei de ir
Buscar os bois que preciso,
Buscar os bois pra xunguir,
Buscar os bois pra xunguir. (Bis)
Labrado da miña mau
Fixen coa miña navalla
Un aradiño de pau.
Un aradiño de pau. (Bis)
Un aradiño de pau. (Bis 3)
OS INSTRUMENTOS DE CORDA. Clasificación.
Os instrumentos musicais clasifícanse tradicionalmente segundo a maneira de producir o son.
Os instrumentos de corda poden ser de corda fretada (frétanse as cordas cun arco), de corda pulsada (púlsanse as cordas cun dedo ou cunha púa), ou de corda percutida (percútense as cordas golpeando cos dedos).
Escóitaos e obsérvaos:
Corda fretada
Corda pulsada
Corda percutida
Recoñeces o instrumento polo seu son? Inténtao.
Zanfona
Lembra:
A NOTA RE AGUDA (re´)
A nota re´ atópase na cuarta liña do pentagrama. Obsérvaa e practícaa nas seguintes lecturas:
Lecturas con puntos e caldeirón
LAS VOCES EN EL CANTO
UNÍSONO E CANON
As persoas que cantan ao mesmo tempo a mesma melodía dunha canción están cantando ao unísono. Fanno todos e todas xuntas como se fosen unha soa persoa pero o son é máis grandioso por tratarse dun conxunto de persoas. Mira un exemplo:
As persoas que cantan a mesma melodía pero en momentos diferentes están cantando en canon; é dicir, unha ou varias persoas comezan a cantar e sen que paren de cantar comeza a cantar outra persoa ou grupo de persoas. Cada un debe saber moi ben o que ten que cantar e intentar non perdese mentres o outro grupo está facendo o seu momento da melodía. O que comeza de primeiro acaba de primeiro e así os demais, rematando no mesmo orde no que comezan. Fíxate:
Lembra que sempre que se cante o mesmo e á mesma vez, faise ao unísono e que sempre que se cante o mesmo en momentos diferentes, faise en canon.
Práctica de lectura con corchea e silencio de corchea
O TEMPO
O tempo é o grao de velocidade con que se interpreta unha obra musical. Indícase ao comezo do pentagrama con frecuencia mediante termos italianos.
Sarasponda (canción)
Sarasponda, sarasponda, sarasponda ret set set
Sarasponda, sarasponda, sarasponda ret set set
Ah door ray-oh, ah door ray boom day-oh
Ah door ray boom day ret set set
Ah say pa say oh
Practica como fixemos na clase. Aquí tes un exemplo:
A min encantoume como o fixeron
ResponderEliminar